Comarcas

O Porriño aproba os orzamentos municipais máis altos da súa historia

Preto de 21 millóns de euros

O Porriño aproba os orzamentos municipais máis altos da súa historia

O pleno do Concello do Porriño deu luz verde aos Orzamentos Municipais do 2024. Unhas contas, según o alcalde, Alejandro Lorenzo, que “marcan dúas liñas de actuación irrenunciables: a atención ás necesidades das persoas e a prestación de servizos esenciais”.

Así, os Orzamentos, que foron aprobados inicialmente cos votos a favor do equipo de goberno e os votos en contra dos grupos da oposición, ascenden a 20.832.693,05 euros a cifra máis alta da historia do municipio, o que supón un incremento do 9,68% respecto do anterior.

Estas serían as segundas contas aprobadas polo goberno presidido por Lorenzo que adiantou que xa está a traballar no Orzamento do 2025 para presentalo no mes de decembro. Cabe destacar ata o ano 2023 O Porriño traballaba cun orzamento prorrogado do ano 2018. 

Máis axudas sociais e “redución de impostos”

O alcalde incidiu en que se trata dun documento realista, previsor e riguroso, baseado na eficiencia da xestión dos recursos públicos e que está pensado para que O Porriño avance garantizando sempre a calidade de vida da veciñanza. Unha folla de ruta económica ambiciosa no que respecta aos gastos e prudente se nos referimos aos ingresos”.

Neste sentido, Lorenzo acordou “continuar na senda marcada no orzamento do 2023” de redución de impostos e tamén de incremento de axudas sociais e subvencións deportivas e culturais. “Como sempre defendín, así o fixen tamén na oposición opoñéndome ás subidas de impostos e taxas, cunha boa xestión económica pódese reducir a carga fiscal e aliviar ás familias”, explicou, “É sustentable e así o demostran estas contas”.

Nesta liña, o alcalde agradeceu “o traballo realizado polos técnicos municipais dos diferentes departamentos para sacar adiante estas contas” e tamén ao seu equipo de goberno. Alejando LOrenzo asegurou que, co fin de consensuar este documento, solicitou no mes de febreiro ao resto dos grupos que remitiran as súas propostas, sen que se presentara ningunha. “Lamento que non participaran xa que isto é algo que afecta a toda a veciñanza e marca a xestión do Concello”, concluíu. “En lugar de facelo decidiron presentar varias enmendas [no mesmo Pleno], con propostas que saben que son inviables xa que non existe partida para iso e retrasarían meses a tramitación do orzamento, algo que non beneficia en absoluto á veciñanza”.

Un orzamento “social

Para o alcalde, o documento presta especial atención a actualizar e atender as obrigas pendentes e á regularización dos contratos dos servizos esenciais, priorizando garantir a prestación dos mesmos.  Por este motivo este capítulo é o que ten un maior peso, consignando preto de 11,9 millóns de euros, o que supón un 57,11% do total e un incremento de preto de 1 millón de euros respecto ao anterior.

As transferencias de capital superan os 200.000 euros, estableciendo crédito para asistencia social primaria ou abastecemento domiciliario de auga potable, coa creación dunha liña de axuda para as comunidades de auga que suma 80.000 euros aos 95.000 dotados, e 108.000 euros para as axudas para instalación de bombeo para conexión á rede de saneamento.

Asegúrase a prestación como a limpeza viaria, a recollida de lixo, mantemento de xardíns, desbroces, a xestión da piscina municipal ou o Servizo de Axuda no Fogar. Contratos que foron licitados. “Mantendo o compromiso de apoiar aos sectores máis vulnerables, máis de 2,2 millóns de euros destínanse a servizos sociais e promoción social”, subliñou o alcalde.

Cabe destacar, engadiu, que o 88% do orzamento consígnase para gastos de persoal e servizos esenciais, polo que o enfoque da inversión par aos múltiples proxectos que están en marcha pasa pola financiación externa.

Respaldo ao tecido asociativo, cultural e deportivo

O orzamento, concluiu Lorenzo, non deixa de lado a aposta polo deporte e a cultura, consignando arredor de 2 millóns de euros a cada unha destas áreas. Un “respaldo que se amosa tamén coas subvencións nominativas aos clubs deportivos, asociacións culturais e veciñais, comisións de festas e entidades de carácter social”. As achegas para as 47 entidades que desenvolven a súa actividade no municipio ascenden a preto de 800.000 euros.

También te puede interesar