Xa está todo disposto para a chegada dos corredores de La Vuelta ás Rías Baixas. Este martes, día 27 disputarán a 10ª etapa entre Ponteareas e Baiona.
Como subliña o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López -entidade patrocinadora desta proba- o regreso de La Vuelta á provincia “consolida ás Rías Baixas como un destino turístico ligado ao deporte e que ten na súa riqueza natural e paisaxística un dos seus maiores atractivos“.
López, quen lembrou que tres etapas percorrerán Galicia entre o martes e o venres, día 30 de agosto, engade que “o helicóptero de La Vuelta é unha das mellores campañas turísticas para un territorio”, convencido de que as imaxes aéreas da provincia durante a celebración da décima etapa servirán para atraer máis visitantes e facer que “as Rías Baixas estean máis de moda”.
O pelotón chega a Vigo este luns…
Este mesmo luns está prevista a chegada do pelotón á provincia, cando os ciclistas fagan
en Vigo da primeira xornada de descanso da carreira. Desde a cidade olívica, desprazaranse este martes á Ponteareas, punto de partida da décima etapa, unha proba de media montaña, de 160 quilómetros de percorrido e con meta en Baiona.
…e seguirá por toda a provincia
Os ciclistas pasarán polos concellos de Mondariz, Mondariz Balneario e Covelo para afrontar a primeira subida da xornada, a escalada ao alto de Fonfría, un porto de segunda categoría.
Logo continuarán cara A Cañiza, Arbo, As Neves, Salvaterra e Tui, onde comezarán a segunda escalada da etapa ao Alto de Vilachán, de terceira categoría. De alí, seguirán camiño de Tomiño e Oia, onde subirán o terceiro porto da etapa, o alto de Mabia, de segunda categoría. Acto seguido, chegará a escalada máis esixente da xornada, a subida ao Alto de Mougás, un porto de primeira categoría cunha ascensión de 10 quilómetros e un desnivel de 600 metros e unha pendente media do 6%.
Plan especial de tráfico en Baiona
Desde alí descenderán cara Baiona, onde estará instalada a meta moi preto do castelo de Monterreal e onde o Concello ten establecido xa un plan especial de tráfico. Deste xeito, haberrá un desvío da circulación pola AG-57, dende Rocamar e Sabarís e nas rúas polas que pasará o pelotón (Baixada as Fontes cara a Ponte de San Antón dirección Baredo, pasando a Parroquia de Baredo por Portelos e Cabreiro cara a Faro Silleiro, Estrada de Rocamar, Avda. Joselín, rúas Ramón y Cajal, Elduayen, Alférez Barreiro e Avda. Monterreal), quedando cortado o tráfico no centro de Baiona, onde estará situada a meta, dende as 07:00 horas ata as 19:00 horas deste martes, día 27.
O aparcamento nestas rúas estará xa regulado dende este luns para deixalo libre para o desenrolo da proba ciclista. As zonas afectadas son: entre a rotonda de Villa Rosa ata o estacionamento da cervexería Black Smith, quedando o acceso autorizado para residentes con garaxe.
No que ten que ver cos autobuses, a única parada afectada, e que quedará inhabilitada, será Baiona Porto, seguindo activas as paradas Baiona Centro Salud e a da Puga que pasará á gasolinera Monte Real, cos mesmos horarios- ainda que non quedan garantido o seu cumprimento debido ás rutas alternativas-.
Ademais, a parada de taxis da zona do porto pesquerio trasládase á rúa Brasil (Zona dos “Tendales”), dende as 15:00h.
Programa de actividades en Ponteareas
Así mesmo o Concello de Ponteareas pon en marcha un programa de actividades para todos os públicos das que poderán desfrutar as veciñas e veciños dende primeira hora deste martes. Stands que promoven a reciclaxe, actos solidarios en favor de El Sueño de Vicky, sorteos e agasallos, ademais de homenaxe aos tres gañadores ponteareáns de La Vuelta para celebrar a saída da etapa ás 13:40 horas.
Estan son as propostas
- Dende as 09:30h. almorzos saudables con Carrefour para todas as persoas que visiten o seu stand na rúa Rogelio Groba.
- Ás 11:00h. entrega de camisetas de La Vuelta aos 150 primeiros nenos e nenas que se acheguen ao Concello.
- Ás 11:30h. homenaxe aos tres gañadores ponteareáns de La Vuelta en control de sinaturas en rúa Rogelio Groba con sorteos e concurso.
- Ás 11:40h. sae a caravana publicitaria de La Vuelta da saída na rúa Concha Brey polo percorrido da carreira.
- Ás 12:00 horas na rúa Morales Hidalgo visita a Unidad de Movilidad y Seguridad Vial de la Guardia Civil.
- Visita os estacionamentos de equipos nas rúas Ciclista Emilio Rodríguez e avenida Rosalía de Castro, e non te perdas o control de sinaturas dende as 12:20 horas.
- Ás 13:30h. saída dos ciclistas dende a rúa Concha Brey rumbo á praza Bugallal, praza da Música, baixada por rúa Braña e Castelao rumbo a Mondariz.
Un magnífico lugar para o ciclismo
Para o presidente da Deputación, un coñecido afeccionado, “o ciclismo é un deporte que conta con moitos seguidores e na provincia temos excelentes ciclistas, moitísima afección e moitos clubes. Ademais temos un territorio magnifico para a práctica do ciclismo, cunhas etapas que se caracterizan sempre por ser rompepernas e para o espectáculo dos afeccionados é un aliciente”.
Luis López lembra que non é a primeira vez que o percorrido dunha das tres carreiras ciclistas máis importantes do mundo pasa pola provincia de Pontevedra. A última foi no ano 2021 coa celebración da penúltima e decisiva etapa da carreira entre Sanxenxo e Mos. Pero a máis recordada tivo lugar no ano 2013, ao acoller a etapa inaugural cunha memorable saída da contrarreloxo por equipos desde unha batea instalada no porto de Vilanova de Arousa.
Competicións de interese internacional
Finalmente, o presidente pon en valor a importancia que ten para a provincia acoller competicións
deportivas de interese xeral. De feito, a Deputación ten aberto unha convocatoria de axudas para a
organización de eventos deportivos relacionados co turismo. Unha “área estratéxica para goberno da
Deputación” pola que Luis López agradeceu ao director da carreira o regreso de La Vuelta á provincia. Así mesmo, o presidente amosa a predisposición da Deputación para que as Rías Baixas sigan sendo escenario desta proba nas vindeiras edicións.