Cultura Música

Jay & The Smoking Machines pechan os ‘Solpores da Rebullón’

Este xoves, día 29, ás 21:00h. con billeteira inversa

Jay & The Smoking Machines pechan os Solpores da Rebullón

Os Solpores da Rebullón chegan á súa fin este xoves, 29 de agosto, logo de media ducia de grupos que xa se subiron ao escenario do exterior do CSCD As Pedriñas. E faino por todo o alto, da man de Jay & The Smoking Machines.

Rock&roll en todas as súas vertentes

Sen dúbida, a banda merecía actuar de novo en Tameiga, logo do gran sabor de boca que deixaron en marzo, cando telonearon aos estadounidenses Jason Kane & The Jive na sala Rebullón. Este xoves 29, ás 21:00 horas, o público terá a oportunidade de gozar dos de Redondela en solitario.

Jay & the Smoking Machines é unha banda de tres partes, adicada o rock&roll en todas as súas vertentes, con ritmos exóticos, liñas de baixo con alma, guitarras bárbaras e un par de voces clamorosas. Neste momento, atópanse preparando o seu primeiro disco, cancións que presentarán nos Solpores.

“Un monstro de Frankestein afumado de riffs de guitarra chirriante e un irresistible beat de bateria”

A mellor maneira de definir o repertorio de Jay & Smoking Machines é como “un monstro de Frankestein afumado de riffs de guitarra chirriante e un irresistible beat de bateria”. As cancións están construídas con partes de aquí e de alá dun pozo infinito como é a música blues. Ás veces oscura e crúa, as veces lixeiras e burbuxeantes, eles fan brillar o escenario cunha enerxía fascinante.

Jay (Jeroen Mesker) é un cantante de blues de Amsterdam. Despois de 25 anos xogando na escena do rock&roll, decidiu que era a hora de preparar a maleta, comprar unha furgo vella e emprender a viaxe. Mentres divaga por Europa, Jay remata a viaxe en Galicia. É aquí onde atopa a Alberto López y Luí Perez. Cando eles engánchanse a tocar xuntos, encandílanse pola dinámica. Parece que levan tocando xuntos pola vida enteira. Entón decidiron formar unha banda con Redondela como base.

Billeteira inversa

Coa súa enerxía e ritmo habituais, Jay & The Smoking Machines interpretarán o mellor do seu repertorio no CSCD As Pedriñas este xoves, 29 de agosto, desde ás 21 horas, con acceso con billeteira inversa: acceso de balde e abono ao remate da cantidade que considere xusta.

Última oportunidade para gozar dos Solpores da Rebullón, festival organizado pola Comunidade de Montes de Tameiga e polo que, este verán, pasaron Jazz de Laranxa, Madmess, Pablo Vila y Los Tripulantes, Castro y Los Escoltas, Froján e Todas las Batallas Perdidas.

También te puede interesar