Cultura

Nigrán despide agosto co concerto da cantante ‘miñota’, Erea Castro

Este venres, día 30 ás 22:00h. no escenario da Foz

Nigrán despide agosto co concerto da cantante 'miñota', Erea Castro

Nigrán despide o mes de agosto co concerto o venres 30 de Erea Castro no escenario ao aire libre da Foz (22:00 horas) encadrado no programa ‘+ Música’ da Deputación de Pontevedra. A cantante ‘miñota’, como lle gusta que a recoñezan, reivindica a través da súa música a cultura dos espazos transfronteirizos nun traballo que pretende ser unha referencia máis dentro do World Music.

A través das músicas creadas pola artista e as versións que trae de temas consagrados, tanto da música portuguesa como española, crea un fío condutor polo que transitarán os espectadores, experimentando todo tipo de emocións: a nostalxia, o amor, o sentido de loita na vida ou a alegría de vivir.

A cantante ‘miñota’

Nada en 1989 en Salvaterra do Miño, nunha das fronteiras entre España e Portugal, medrou oíndo a constante mestura musical que se producía entre os dous países. Comezou a cantar con tan só 3 anos de idade. Ao longo da súa vida, participou en diferentes certames como o Karaoke Internacional, obtendo un terceiro lugar; no Festival da Canción de Ordes, categoría profesional, onde conquistou o segundo lugar, e participou tamén na primeira edición de Recantos do programa LUAR, na TVG. Nos últimos anos colaborou con músicos de gran recoñecemento nacional portugués como Marco Rodrigues ou José Cid no Altice Area de Lisboa (2020).

Arraixal

Desde 2016 traballou no que constitúe o seu primeiro sinxelo “Arraial”, gravado entre Setúbal, Sesimbra, Mafra e O Porto, contando con grandes músicos do panorama portugués como Bernardo Viana (viola de fado), Pedro Viana (guitarra portuguesa), Valter Rolo (arranjos e piano), Frederico Gato (baixo) e Sertório Calado (percusión), entre outros.

También te puede interesar