Galicia

Catro realizadoras desenvolverán os seus proxectos de curtametraxes na II Residencia FICBUEU en Ons

Lideradas pola guionista de «20.000 especies de abellas», Estíbaliz Urresola

Catro realizadoras desenvolverán os seus proxectos de curtametraxes na II Residencia FICBUEU en Ons

Teñen entre 25 e 28 anos, están a construír o seu proxecto profesional arredor da creación de historias en soporte audiovisual e cinema, e presentaron interesantes proxectos de guión que foron elixidos para participar na Residencia FICBUEU na Illa de Ons, o proxecto do Festival Internacional de Cinema de Bueu para apoiar o desenvolvemento de curtametraxes. Compartirán as actividades de formación e asesoría, algunhas de carácter individual e outras de xeito grupal, a Residencia FICBUEU, na Illa de Ons, entre o 16 e o 23 de outubro. Unha das curtas, ademais,  recibirá apoio para a súa produción..

As participantes seleccionadas este ano son: Camila Mailén Bóveda Figueira, nada en Arxentina en 1996; Ana Calderón (Caldes de Malavella, Girona, 1998); Anna Llargués (Barberà del Vallès, Barcelona, 1999), e o lucense Miguel Casaseca (1997). As tres primeiras presentaron á convocatoria guións de curtametraxes do xénero dramático tituladas, respectivamente Área Central, Cotorra Àvia Peix. Casaseca propón a falsa documental From NASA to Merceditas.

Equipo de formadoras

O equipo formativo estará encabezado pola directora e guionista Estibaliz Urresola coma titora. A súa ópera prima, 20.000 especies de abellas, proxectada durante a pasada edición do FICBUEU, foi galardoada nos Premios Goya deste ano cos premios a Mellor Dirección Novel e Mellor Guión Orixinal. Durante unha semana, a directora alavesa levará a cabo sesións individuais con cada unha das autoras e autores para a revisión das obras e o seu avance.

Ademais das titorías individuais e espazos de de intercambio grupal con Urresola, as e os residentes terán acceso a tres formacións específicas en distintas materias para fortalecer os seus proxectos: Guión con perspectiva de xénero, impartida por Carmen Ávalos; A importancia da coordinación de intimidade nunha rodaxe da man, da man de  Tábata Cerezo e Lucía Delgado, creadoras da empresa especializada IntimAct; e  Primeiros pasos tras a finalización dun guión, impartida por Beli Martínez.

Produción dunha das curtas

Rematado o programa, a organización seleccionará novamente un dos guións participantes para o seu desenvolvemento e produción. Na I edición da Residencia, a do ano pasado, a película elixida para a súa producion foi Sismes, de Jordi Sanz Angrill e co-guionizado xunto a David Junyent.

E ademais:

As entradas e abonos para o FICBUEU 2024 xa se poden mercar na tenda en liña do festival

También te puede interesar