Desde este luns 2 de setembro está aberto o prazo de inscrición para VigoSónico, na nova páxina web www.vigosonico.com e www.xuventudevigo.org para os programas e obradoiros que abranguen diversas áreas do mundo profesional da música.
Haberá actividades presenciais enfocadas en diferentes aspectos da música e da xestión, incluíndo a inauguración da sala de podcast, centrada na creación de contido. Así, o programa de formación renova a súa oferta de obradoiros e cursos impartidos por profesionais de ampla traxectoria na industria. Estes cursos están deseñados para capacitar e promover o acceso ao mercado laboral da música, así como para apoiar a profesionalización do ecosistema das Industrias Culturais e Creativas, bandas e solistas emerxentes.
- Así luce ‘O Barco do Nadal’ de Vigo
- Cientos de vehículos en oferta en Caroulet Vigo
- A prisión tres de los cuatro detenidos por 12 atracos a punta de pistola en casas, estancos y farmacias de la provincia
- Tienes todos estos planes para el fin de semana
- Vigo se queda sin 1,5 millones de fondos europeos solicitados para el Pazo de Castrelos
- Diana Nogueira participa, como una voluntaria más en la Gran Recogida del Banco de Alimentos
Academia: clases gratuítas de iniciación ao canto, guitarra, baixo e batería
Durante os meses de outubro, novembro e decembro de 2024, así como febreiro, marzo e abril de 2025, ofrece a oportunidade de mergullarse no mundo da música a través de clases especialmente deseñadas para distintos grupos de idade. As sesións teñen lugar os martes e os mércores, con clases de unha hora entre as 16:30 e as 21:00h.
Campus
O Campus Vigosónico actúa como unha ponte entre os profesionais locais e os diversos traballos no ámbito da música e a creatividade. Este programa ofrece unha plataforma onde artistas emerxentes e diversos profesionais do sector poden conectarse, aprender e colaborar.
A través de 19 obradoiros ao longo do ano, facilita a formación continua e desenvolvemento de habilidades, proporcionando oportunidades para que os participantes se involucren en proxectos creativos e intercambien coñecementos.
Demosónico, estudo aberto
No mes de maio, Vigosónico transfórmase nun fervedeiro de creatividade musical co lanzamento de “Demosónico, Estudo Aberto”. Unha iniciativa única que abre as portas do estudo de gravación ás bandas locais de Vigo, poñendo un foco especial naquelas que ensaiaban nos locais de Vigosónico.
Nova sala de gravación de Podcast, zoom Podcast 8
Un estudio de podcast totalmente insonorizado e equipado. A sala dispón de:
- – 2 micrófonos e ata 8 posibles simultáneos
- – Mesa de mesturas con software de gravación e edición de audio Zoom Podcast 8
A tarifa é de balde: basta con chamar e reservar. Horario de Reserva: De martes a sábado de 17:00 a 21:00 horas. Máis info AQUÍ.
VigoSónico xoga
É un programa deseñado para que nenos, nenas e familias, poidan interactuar e disfrutar xuntos de xogos de mesa e outras actividades lúdicas. Pretende fomentar a participación comunitaria.