Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 56 persoas debido a 44 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 30, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 1 de setembro.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia recibiu nestes días 59 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.
E ademáis en vigoalminuto
- ‘Ari y los Magritte’, este jueves en La Fábrica de Chocolate
- Freire coloca la quilla del ‘Thuwal II’, buque de investigación de última generación que ensambla el astillero vigués
- O PP de Redondela disposto a aprobar os orzamentos, si dimite a alcaldesa e hai un novo pleno de investidura
As mesmas fixeron que os médicos que as atenderon mobilizasen, en 5 casos a ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron; noutros 45 a ambulancias asistenciais de soporte vital básico, mentres que os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en 4 accidentes.
En 47 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 8 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.
Foi noticia: O túnel de O Folgoso, en A Cañiza, pechado ao tráfico polo incendio dun coche