A Deputación de Pontevedra vén de asinar a addenda que salva a perda de 6,2 millóns de euros de investimentos en Vigo. Trátase de partidas que estaban a piques de caducar, correspondentes a proxectos que o Goberno local non foi capaz de executar no prazo do convenio en vigor, e que se destinarán agora a proxectos de mobilidade urbana sostible.
En xullo pasado, a vicepresidenta do organismo provincial, Luisa Sánchez, adiantaba que ía traballar para solucionar esta situación e evitar a perda destes recursos, dos que preto do 70% son fondos provinciais.
Sánchez sinalba que a orixe do “rescate” destes 6,2 millóns debíase á “baixa execución orzamentaria
do concello vigués” no convenio vixente ata finais de 2024, a pesar da súa modificación polo anterior
goberno provincial en xuño de 2023 atopándose en funcións. Así, coa sinatura desta nova addenda, a
Deputación articula unha medida que salva investimentos para a cidade que doutro xeito se
perderían. Proxectos que “nalgún caso nin sequera se chegaron a iniciar pese a remontarse ao ano 2021“.
Proxectos de mobilidade
Estes máis de 6 millóns estarán destinados a impulsar, xunto co Concello de Vigo, distintas actuacións en mobilidade entre eles:
- ramplas mecánicas na rúa do Pintor Colmeiro entre Álvaro Cunqueiro e Tarragona (2,82 millóns)
- mellora da accesibilidade de Juan Ramón Jimenez, entre Marques de Valterra e Torrecedeira (1,14 millóns)
- humanización da rúa San Roque entre as rúas de Gregorio Espino e Reiseñor (2,27 millóns)
E ademáis en vigoalminuto
- La Biblioteca del Estado en Vigo cumple 16 años… de anuncios
- A Deputación destina 100.000€ ao MARCO para “colaborar na programación cultural estable”
- Muere en plena calle, en Vigo
Primeiras obras
En canto a primeira das intervencións, actuarase sobre un treito de 138 metros entre as rúas Álvaro Cunqueiro e Tarragona, instalando ramplas mecánicas, ampliando as beirarrúas e substituíndo as luminarias actuais. Esta previsto que esta obra comece no primeiro trimestre do vindeiro ano cun prazo de execución 11 meses.
A mellora da accesibilidade na rúa Juan Ramón Jiménez, contempla a instalación dun ascensor exterior para esquivar o desnivel entre Marqués de Valterra e Torrecedeira. Asemade, aproveitarase para ampliar beirarrúas; renovar as canalizacións, a pavimentación, o alumado e o mobiliario urbano; e instalar unha rede de pluviais e novas columnas semafóricas. Neste caso, o inicio das obras está tamén previsto entre xaneiro e marzo do 2025, cun prazo de execución de 8 meses.
Xa por último, a humanización da rúa San Roque na contorna da Doblada abrangue un tramo de 247 metros, entre as rúas de Gregorio Espino e Reiseñor. Unha actuación que ten un prazo de execución de 10 meses e que está previsto iniciar no primeiro trimestre do 2025.
Grada de Gol e Cine Fraga
Estas actuacións, lembra Luisa Sánchez, súmanse aos proxectos xa comprometidos entre os que se atopan os 13 millóns de euros da grada de Gol de Balaídos ou os 4,6 millóns de euros destinados á compra do Cine Fraga.