Galicia

A Xunta activa o nivel 2 de alerta en Crecente polo avance do incendio

25 persoas tiveron que ser evacuadas de madrugada

A Xunta activa o nivel 2 de alerta en Crecente polo avance do incendio

En base aos plans galegos de Protección Civil e de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais (PEIFOGA e PLADIGA), a Xunta ven de activar o protocolo de protección (Situación 2) en San Colmede e Reinaldos, ao estaren en perigo estes núcleos de poboación por mor do lume forestal que afecta ao concello de Crecente dende este mércores.

Así, unhas 25 persoas tiveron que ser evacuadas de madrugada. En declaracións á Radio Galega, o alcalde apuntou que o incendio puido ser intencionado, e que algúns veciños quedaron illados por estrada e tiveron que enfrontarse directamente ao lume.

As estimacións son que hai unhas 150 hectáreas arrasadas e que as lapas chegaron ao concello da Cañiza.

También te puede interesar