O verán climatolóxico de 2024 (xuño, xullo e agosto) en Galicia caracterizouse por ser moi cálido e normal en canto ás precipitacións, segundo explicou hoxe a conselleira de Medio Ambiente e Cambio
Climático, Ángeles Vázquez.
Temperatura media de 20 graos
Deste xeito, segundo o avance do informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia, o verán foi moi cálido ao rexistrar unha temperatura media de 20 graos e unha anomalía media 9 décimas superior ao habitual, segundo os datos rexistrados en 11 das estacións meteorolóxicas máis representativas.
Máis polo miúdo, o mes de xuño foi normal ao rexistrar 17,9 graos de media -2 décimas máis do habitual-. Pola contra, xullo e agosto foron moi cálidos, con medias de 20,6 e 21,6 graos, respectivamente.
E ademáis en vigoalminuto
- Reclaman al Gobierno un estudio sobre el coste del rescate y la gratuidad de la AP-9La prórroga de la concesión hasta 2048, aprobada por Aznar, entró en vigor el año pasado
- O Porriño contará cunha sala lúdica municipal e novas instalación para Atención TemperáNa contorna do Centro de Saúde e o Pavillón Municipal
- Llega ‘VigoCultura’: 27 espectáculos hasta mayoA partir del próximo 31 de enero, con ‘Hexagonum’, de Troula Animación
Agosto con 1,6 graos por encima da media…
No primeiro caso a anomalía media foi un grao superior ao normal, e no outro, de 1,6 graos máis do habitual. Nese senso, a conselleira indicou que foi o quinto agosto máis cálido desde que hai rexistros.
…e menos chuvias
No que atinxe ás chuvias, a conselleira dixo que a precipitación media rexistrada entre as 16 estacións máis representativas foi de 103 l/m 2 , o que supón un 16% inferior o que vén sendo habitual neste período, polo que se considera un verán normal.
Logo de subliñar que para atopar un verán máis seco teríamos que remontarnos a 2017, Ángeles Vázquez detallou que xuño foi un mes relativamente húmido -un 14% máis de precipitacións do agardado-. Xullo foi normal -1% inferior ao habitual e agosto, rexistrou unha anomalía media un 71% inferior ao valor climatolóxico habitual, polo que se considera un mes moi seco.