Galicia

O vindeiro mércores, día 11, comeza o curso escolar para 36.375 rapazas e rapaces de Vigo

En Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato

O vindeiro mércores, día 11, comeza o curso escolar para 36.375 rapazas e rapaces de Vigo

O curso escolar comeza o vindeiro 11 de setembro para 36.375 rapazas e rapaces de Vigo de Educación Infantil, Primaria, ESO e Bacharelaro. No conxunto de Galicia son 307.854 alumnas e alumnos que acudirán a 1.243 centros de toda Galicia. En relación co curso pasado hay un descenso de 3.289 estudantes.

 Galicia

EtapaCentros Públicos, Concertados e privados
Curso 2023-2024Curso 2024-2025Diferenza
Educación Infantil50.12948.467-1.662
Educación Primaria128.899126.531-2.368
Educación Especial1.2961.359+63
ESO98.01897.680-338
Bacharelato32.80133.817+1.016
TOTAL311.143307.854-3.289

En concreto, hay centros educativos en funcionamento en 92 concellos da provincia da Coruña, cun total de 131.474 alumnos; 65 da de Lugo, con 32.392 estudantes; 68 da de Ourense, con 29.634 estudantes, e 61 da de Pontevedra, con114.354 escolares.


Máis aulas para menos alumnos

Malia a que o descenso de matrícula se produce na súa meirande parte nas etapas de Infantil e Primaria, estes centros contarán co mesmo número de aulas, apuntan dende a Consellería de Educación. En concreto, no caso dos colexios públicos, haberá en funcionamento 7.336 aulas, dúas máis ca no ano académico que vén de rematar.

E ademáis en vigoalminuto

Matrícula aberta na Formación Profesional

Así mesmo, aínda é posible matricularse nos ciclos de FP que contan con prazas dispoñibles. O alumnado que tivo praza na adxudicación do 2 de setembro poderá matricularse ata o día 5 deste mes. Unha vez concluída esta terceira fase, haberá unha adxudicación continuada por chamamentos individualizados, que se estenderá entre o 11 e o 27 de setembro.

No caso dos ciclos con prazas dispoñibles e sen listaxe de agarda, a matrícula pode formalizarse xa en calquera momento nos centros educativos correspondentes, dado que non entran na terceira adxudicación.

También te puede interesar