A Deputación de Pontevedra vén de dar o seu visto e prace á execución das ramplas mecánicas entre as rúas Álvaro Cunqueiro e Tarragona, a través da aprobación do convenio que permitirá que o Concello de Vigo poida facer fronte o financiamento desta actuación municipal.
A intervención, que se desenvolverá nun tramo de 138 m2 na rúa Pintor Colmeiro, enmárcase ao abeiro da colaboración subscrito entre ambas as dúas entidades para levar a cabo actuacións de mellora da mobilidade urbana sostible na cidade.
Tamén en vigoalminuto
- Una persona muerta y otra herida, en Benetússer, durante los trabajos de limpieza de la DANASe ha derribado una escalera que comunicaba dos plantas de un aparcamiento
- As costas galegas rexistraron o ano pasado 689 varamentos de animais, a maioría cetáceosTamén tartarugas, quenllas, lontras e focas
- El Campus del Mar estará acabado a mediados de 2026 en los terrenos de la ETEALa Xunta invertirá 4,8 millones y el proyecto dará prioridad a la circulación no motorizada
Más de 1,9 millóns de achega da Deputación
Cun custo estimado da obra de 2.826.209 euros, contará cunha achega por parte da Deputación de 1.918.713 euros. Correspondendo así preto do 70% a fondos provinciais.
Os traballos, segundo figura na memoria técnica do proxecto, contemplan non solo a incorporación de elementos mecánicos para a mellora do tránsito peonil nunha rúa complexa de elevada pendente, se non ampliar as beirarrúas -en detrimento da banda de aparcamento no marxe par da rúa-, incorporar un novo paso de peóns e substituír as luminarias actuais.
De maneira que esta actuación, apunta a vicepresidenta Luisa Sánchez, “derivará nunha mellora considerable da mobilidade e seguridade de peóns e vehículos“, aproveitando a actuación para renovar as redes de saneamento e abastecemento. Esta previsto que esta obra comece no primeiro trimestre do vindeiro ano cun prazo de execución 11 meses.
Primeiro convenio asinado por ambas administracións
Este é o primeiro dos tres convenios que firmarán a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo por un importe conxunto de 6,2 millóns de euros. Trátase da solución proposta pola institución pontevedresa para rescatar as partidas que estaban próximas a caducar correspondentes aos proxectos que o Goberno local non foi capaz de executar no marco do convenio vixente. Unha medida que salva investimentos para a cidade que doutro xeito perderíanse.