O nadador vigués do Club Natación Mos, Juan Ferrón, recibiu o agarimo dos seus compañeiros e amigos que o recibiron logo de acadar o diploma paralímpico nos Xogos de París na modalidade de 100 metros bolboreta-cun tempo de 59”77-. Ademais, Juan na súa primeira actuación nuns Xogos, participou nos 400 metros libres, logo de acadar nas últimas tempadas distintos títulos nacionais e internacionais.
Ademais en vigoalminuto
- Avanza el derribo de la grada de GolTambién se ha colocado una grada supletoria de 609 asientos, hasta el final de temporada
- Detenida en Vigo tras hacer 38 compras con una tarjeta de crédito robadaEn seis establecimientos diferentes, entre las 4 y las 8 de la mañana
- A Fashion Weekend fará do Porriño o centro da moda galega, esta fin de semanaCon tendas abertas ata medianoite
Representantes institucionais quixeron felicitar tamén ao nadador do que salientaron o seu “grandísimo mérito”, máis aínda sendo o seu debut nunha cita paralímpica. Así, a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, asegurou que “sentímonos moi orgullosos” ao tempo que aconselloune que “recague pilas e colla forza para afrontar estes catro anos que tes por diante, para que en 2028 nos volvamos a ver aquí para celebrar a túa medalla nos Xogos de Los Ángeles”.