O BNG botará man da súa representación no Parlamento de Galicia para que se constitúa unha comisión de investigación sobre os contratos da Xunta con empresas vencelladas a familiares de altos cargos e tamén para acrarar o ‘sobrecusto’ de preto de 500 millóns na construción do Hospital Álvaro Cunqueiro, como recolle un informe do Consello de Contas.
Ana Pontón, na súa intervención hoxe no debate na Cámara galega adiantou que o Bloque Nacionalista Galego fará posible esa investigación. Así, acollerase ao regulamento do Parlamento que permite que aqueles grupos políticos que teñan, cando menos, un terzo dos deputados poidan crear comisións de investigación. Dos 75 asentos no hemiciclo do Pazo do Hórreo, 25 forman parte do grupo parlamentario do Bloque.
Tamén en vigoalminuto
- ‘Ari y los Magritte’, este jueves en La Fábrica de ChocolateA las 21:00h. con entrada anticipada a 10€… 12€ en Taquilla
- Freire coloca la quilla del ‘Thuwal II’, buque de investigación de última generación que ensambla el astillero viguésTras su entrega, prevista para 2027, se dedicará a la exploración del Mar Rojo
- O PP de Redondela disposto a aprobar os orzamentos, si dimite a alcaldesa e hai un novo pleno de investiduraNa actualidade o Grupo Popular conta con 10 concelleiros por 8 do Goberno Municipal
Pide ao PP que vote a favor
“Os galegos e as galegas teñen a miña palabra de que haberá comisión de investigación porque imos usar a forza dos votos que nos deron 25 escanos para investigar os contratos millonarios que favorecen a familiares e empresas amigas do PP, incluíndo ás que afectan ao señor Feijóo”, subliñou Ana Pontón.
“Imos investigar por que pagamos un sobrecusto multimillonario polo hospital de Vigo “Álvaro Cunqueiro, e imos investigar os contratos de emerxencia durante a pandemia”, enfadiu a líder dos nacionalistas que convidou ao PP a votar a favor da comisión de investigación, “se non ten nada que esconder”.
Neste sentido, Pontón foi terminante: “se responden cun veto será unha declaración de responsabilidade” e advertiu, “esta vez o final non o vai escribir o Partido Popular”.