As novas e novos estudantes de 6º grao da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago que cursarán este último ano de grao en centros sanitarios vigueses acudiron hoxe ao seu acto de presentación celebrado no Hospital Álvaro Cunqueiro.
A benvida correu a cargo da directora Asistencial da Área Sanitaria de Vigo, Esther Casal Rodríguez, acompañada por diferentes membros do equipo docente, entre os que se encontra a coordinadora da Docencia de Grao, Ana Concheiro Guisán.
59 mulleres e 21 homes
A promoción deste ano está formada por 80 alumnas e alumnos do último ano de Medicina, composto por 59 mulleres e 21 homes. Con respecto ao equipo docente, este estará formado por 28 profesores e profesoras asociadas e máis de 700 colaboradoras e colaboradores.
Tamén en vigoalminuto
- Así luce ‘O Barco do Nadal’ de Vigo
- Cientos de vehículos en oferta en Caroulet Vigo
- A prisión tres de los cuatro detenidos por 12 atracos a punta de pistola en casas, estancos y farmacias de la provincia
Rotacións
Os alumnos de Medicina realizan o seu último ano nun hospital, cun curso práctico no que se lles imparte un programa docente baseado na rotación por diferentes especialidades médicas e cirúrxicas. En total, traballan sete materias:
- clínica médica
- clínica cirúrxica
- urxencias e servizos centrais
- clínica obstétrica e xinecolóxica
- clínica pediátrica
- clínica psiquiátrica e medicina familiar e comunitaria, o que abrangue 35 servizos do hospital
Durante este período lectivo, os alumnos teñen un horario de 08.00 a 15.00 horas, e tamén realizan gardas.
1.500 estudantes en Vigo
Na actualidade, na Área Sanitaria de Vigo hai un total de 1.500 estudantes, ademais dos de Medicina, que cursan diversas disciplinas nos centros asistenciais. Desde o ano 2014, no que se recibiu aos primeiros alumnos de 6º de medicina (11 estudantes) ata a actualidade, formáronse a case 900 estudantes na práctica clínica. Deste xeito, a sanidade pública viguesa consolida a súa capacidade docente.