Comarcas

A Deputación aproba en 39 millóns o contrato de conservación de estradas provinciais

A rede viaria provincial supera os 1.700 kilómetros

A Deputación aproba en 39 millóns o contrato de conservación de estradas provinciais

A Deputación de Pontevedra aprobou a adxudicación do contrato do servizo de conservación integral da rede viaria provincial, de 1.700 kilómetros, en total para os vindeiros 5 anos cun investimento total de 39 millóns de euros.

Tres lotes

O contrato dividiuse en tres lotes e no proceso de licitación participaron un total de empresas. Despois de analizar todas as propostas, a Mesa de Contratación propuxo esta adxudicación:

  • o lote 1 (norte) á UTE XAC-Francisco Gómez por un importe total de 9,74 millóns de euros
  • lote 2 (centro), á UTE Audeca-Narom, por 8,57 millóns
  • e o lote 3 (sur) a Civis Global por 7,78 millóns de euros

Tamén en vigoalminuto


AVE Vigo-Lisboa

Tamén resultou aprobada, cos votos favorables dos deputados do PP e do BNG, unha moción para solicitar ao Ministerio de Transportes o impulso da liña de alta velocidade entre Vigo, Porto e Lisboa.

O organismo provincial reclama ao Goberno central unha programación completa das actuacións, investimentos orzamentarios e un calendario para o desenvolvemento deste trazado, así como trasladarlle ao Goberno o potencial de uso e rendibilidade que tería esta liña, unha infraestrutura prioritaria e estratéxica. Ademais, demandan que, mentres non se complete a obra, o Goberno a mellora do tren Celta para que o traxecto entre Vigo e Porto sexa máis curto, 1 hora como máximo, e confortable.

También te puede interesar