Sucesos

91 feridos en accidentes de tráfico, nunha fin de semana sen mortes nas estradas galegas

O día con máis sinistros foi o sábado, día 14

91 feridos en accidentes de tráfico, nunha fin de semana sen mortes nas estradas galegas

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 91 persoas debido a 66 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 13 e as 12 menos un minuto deste pasado domingo, 15 de setembro.

A Central de Coordinación do 061, recibiu nesees días 75 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. E, así, os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas foron 84. Dos mesmos, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 9 accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 70 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en 5 accidentes.

En 73 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 18 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar