O Concello de Redondela organiza para o curso 2024/25 un Obradoiro de Interpretación, unha actividade dirixida ao público a partires dos 12 anos de idade.
A concelleira de Cultura e Turismo, Rita Pérez Táboas, explica que este obradoiro, ademais de formar ao alumnado nas artes escénicas e a comunicación, “servirá tamén para poñer en valor os recursos patrimoniais de Redondela”. A edil sinala que “tanto o patrimonio material como inmaterial do municipio estarán moi presente neste obradoiro, dando protagonismo a fitos como a Batalla de Rande ou a figura das Madriñas de San Simón”. Pérez Táboas lembra que noutras ocasións téñense feito traballos para dar a coñecer o patrimonio industrial da vila, “como no caso das traballadoras do téxtil da fábrica de Regojo”.
Quendas e horarios
No obradoiro estableceranse dous grupos “un para adolescentes de 13 a 16 anos de idade, e outro para mozos e adultos de 17 anos en diante“.
As clases comezarán o vindeiro día 3 de outubro, e será no Multiusos da Xunqueira os mércores ás 17:00 a 18.30 horas para adultos e de 19.00 a 20.30 horas para adolescentes. Os participantes aprenderán técnicas de interpretación e comunicación co obxectivo de preparar algunha representación sobre as táboas ao longo do ano. A concelleira de Cultura e Turismo anima a toda a veciñanza a inscribirse “xa que tamén mellorarán as súas habilidades sociais e ampliarán o seu coñecemento sobre o patrimonio e a historia do municipio”.
Ademais en vigoalminuto
- La Biblioteca del Estado en Vigo cumple 16 años… de anunciosEl Gobierno ya puede hacerse cargo de los terrenos para edificarla
- A Deputación destina 100.000€ ao MARCO para “colaborar na programación cultural estable”A vicepresidenta Luisa Sánchez asinou o convenio para a posta en marcha ata seis exposicións
- Muere en plena calle, en VigoEsta tarde, poco antes de las 2, en Torrecedeira
Custo
A participación nesta actividade ten un custo de 79,50 euros para todo o curso, desde outubro de 2024 ata maio de 2025. O obxectivo do Concello é “ofrecer unha actividade cultural de calidade que sea accesible para toda a veciñanza, xa que o prezo non chega aos 10 euros mensuais”, sinala a concelleira Pérez Táboas.
Inscrición
O prazo de inscrición estará aberto desde o 18 de setembro ata o 2 de outubro. Os interesados poderán facelo no rexistro do Concello ou a través da páxina www.redondela.gal. Para máis información poden dirixirse ao enderezo electrónico [email protected] ou ao teléfono 986 400 300. As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición.