Últimas horas para inscribirse nunhas das carreiras máis emblemáticas da comarca. Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor celebran este sábado 21 de setembro a 13 edición da ‘Nigrán Area’, carreira popular de atletismo pola praia que se viña realizando en agosto pero que este ano se trasladou a setembro porque a única marea baixa matinal de agosto coincidía con outra proba importante na comarca.
O prazo de inscrición para esta tradicional competición pola ribeira de Panxón e Praia América está aínda aberto en www.carreirasgalegas.com ata este martes 17 de setembro ás 23:59 horas.
Saída dende Panxón
Este evento deportivo, irmandado coa maratón do Sáhara, arranca ás 11:00 horas e está aberto a tódalas categorías, tendo saída desde Panxón:
- Os sub 16 percorrerán 2 quilómetros
- Pola súa parte, os sub 14 farán 1.500 metros
- Os sub 12 1 quilómetro
- Aqueles que sexan sub 10 percorrerán
- Os sub 8 farán 300 metros
- e os máis pequenos farán 100 metros
O percorrido para a proba absoluta son 6 quilómetros do areal de Panxón-Praia América cando a marea está baixa. A proba conta coa supervisión da Federación Galega de Atletismo.
Por último, o clube organizador entregará os dorsais o día anterior á proba (20 de setembro) no Pavillón Municipal de Panxón (Avda. de Gondomar, 2) en horario de 16:30 a 20:30 horas. Tamén o mesmo día da proba na propia praia de Panxón, a partir das 09:00 horas e ata 30 min antes.