A selección galega cadete logrou tres ouros, tres pratas e cinco bronces no Campionato de España de taekwondo, que se celebrou en Torrevieja. Ademais, Galicia ocupou a primeira posición na clasificación por equipos femininos, mentres que foi terceira na clasificación xeral.
Os ouros foron para Dafne Piñeiro, Ángela Balado e Alberto de la Iglesia; as pratas para Julia Gómez, Keila Crujeiras e Antón Quintero e os bronces para Andrea Rodríguez, Daniel Abeijón, Nicolás Casas, Thiago Segade e Erik Misa.



Campionato de España sub 21, masculino e subcampionato feminino
Ademais, a nosa selección acadou o Campionato de España sub 21 na clasificación masculina por equipos, mentres que foi segunda na categoría feminina e na xeral.
En total, as e os nosos taekwondistas lograron catro ouros (Sergio Troitiño, Adrián Salanova, Noa Romero e Ekaterina Rebón), tres pratas (Javier Otero, Alex Pazos, Iago Mallo) e tres bronces (Silvia Otero, Yadira Reimúndez, Helena García).





