O Bloque Nacionalista Galego vén de reiterar a súa total oposición a que a Xunta de Galiza subvencione con case 700.000€ un aparta-hotel de luxo en pleno Paseo de Afonso, na cidade de Vigo, a cargo dos fondos Xacobeo-Next Generation.
Para o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, “é vomitivo, polo que ten de insultante e insensíbel, que o Goberno galego dedique inxentes recursos públicos a seguir promocionando o boom especulativo do aloxamento turístico en Vigo”. Neste sentido, subliñou que os prezos de alugueiro na cidade non deixan de subir e prodúcese, de media, un desafiuzamento cada día sen alternativa habitacional, mentres os pisos turísticos xa son máis de 2.000.
Concentración
Igrexas lembrou que o BNG xa denunciou esta “escandalosa subvención” o pasado mes de agosto a través da nosa representación no Parlamento galego, e este luns sumouse ao reclamo expresado polo colectivo Os Ninguéns e outras entidades sociais, que realizaron unha concentración diante do edificio para esixir unha rectificación por parte do Goberno galego
“En lugar de subvencionar un estabelecemento turístico VIP con impoñentes vistas á ría, o que ten que facer o Goberno galego é despregar unha enérxica política de vivenda que dote a maior cidade de Galiza dun parque público de vivenda protexida e social“, reclamou. A principiar, acrecentou o portavoz municipal nacionalista, por dotar Vigo dun programa de “vivendas de emerxencia habitacional para as numerosas familias que son expulsadas das súas vivendas por non poder facer fronte a hipotecas e alugueiros a prezos imposíbeis” para as clases populares e traballadoras.
Ademais en vigoalminuto
- Una persona muerta y otra herida, en Benetússer, durante los trabajos de limpieza de la DANA
- As costas galegas rexistraron o ano pasado 689 varamentos de animais, a maioría cetáceos
- El Campus del Mar estará acabado a mediados de 2026 en los terrenos de la ETEA
- Hasta 1 ano de espera para consulta en Unidades de Saúde Mental do SERGAS de Santiago e Vigo
- A delincuencia descendeu en Vigo, moi discretamente, durante 2024
- Muere quemado en el interior de un coche, en Redondela
20.000 vivendas baleiras na cidade
A fronte nacionalista insiste na necesidade dun xiro de 180 graos nas políticas de vivenda do Goberno galego. “Subvencións si, pero para mobilizar as máis de 20.000 vivendas baleiras que existen arestora en Vigo e poñelas ao servizo da xente“. Subvencións que permitan, explicaron, que “deixe de haber tantas casas sen xente ao tempo que cada vez é máis a xente que non atopa unha vivenda na que poder residir” nunha cidade na que xa son máis de 7.000 as familias rexistradas como demandantes de vivenda protexida e social e que continúan a ser ignoradas polo executivo de Alfonso Rueda.