O Concello de Nigrán ofrece este xoves 19, ás 11:00 horas unha visita guiada ao bosque fósil da praia de Patos ao rexistrarse a esta hora unha baixamar de record que permitirá a mellor observación posible dos próximos 20 anos. Estará guiada por Amigos da Terra, terá unha duración de 50 minutos, e as persoas interesadas tan só teñen que presentarse á hora mencionada no aparcadoiro das escolas de surf.
“Ímos coñecer parte da nosa historia máis descoñecida, Patos non só é unha praia espectacular, se non que conta co bosque fósil máis importante de toda a provincia de Pontevedra“, explica o alcalde, Juan González.
Tamén en vigoalminuto
- Así luce ‘O Barco do Nadal’ de Vigo
- Cientos de vehículos en oferta en Caroulet Vigo
- A prisión tres de los cuatro detenidos por 12 atracos a punta de pistola en casas, estancos y farmacias de la provincia
Así, moitas das rochas desta praia son realmente árbores petrificadas de hai entre 5.000 e 10.000 anos, cando a liña do mar estaba máis afastaba e se podía ir camiñando desde Cabo Home a Cíes. Toda esta zona estaba constituída por un bosque que, grazas á falta de oxíxeno e salinidade, permitíu que se fosilizase, polo que estas rochas teñen a simple vista apariencia de grandes troncos.
“Esta marea baixa permitirá que poidamos observar en condicións excepcionais algunhas destas árbores, non haberá un momento igual nos vindeiros 20 anos”, garante Antón Lois, educador ambiental de Amigos da Terra.