A Xunta remitu ao Concello de Vigo o informe favorable do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
Así o anunciou a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, este xoves na súa intervención na tribuna do Círculo de Empresarios de Galicia.
Martínez Allegue subliñou a importancia deste paso, pois o PXOM é o “instrumento que dota de seguridade xurídica o desenvolvemento urbanístico da cidade”. Así, co informe favorable da Xunta, agora correspóndelle ao Concello considerar as suxestións e sometelo á aprobación do Pleno.
Tamén en vigoalminuto
- La Biblioteca del Estado en Vigo cumple 16 años… de anuncios
- A Deputación destina 100.000€ ao MARCO para “colaborar na programación cultural estable”
- Muere en plena calle, en Vigo
Túnel de Elduayen
No eido das infraestruturas en Vigo, a conselleira tamén indicou que a Xunta vai colaborar na construción do túnel de Elduayen, como solicitara onte o alcalde, Abel Caballero. María Martínez Allegue concretou que o Goberno galego introduciría unha partida para esta actuación nos Orzamentos para o ano 2025, se o Concello tamén o fai.
Así mesmo, a conselleira precisou que se destinará a esta intervención en Vigo a mesma porcentaxe de
financiamento que se dirixiu ao túnel do Parrote na Coruña, como reclamara o alcalde.
Neste sentido, a Xunta abordará este proxecto co Concello de Vigo na próxima reunión da Comisión de Infraestruturas entre ambas administracións, como solicitaba, tamén, Abel Caballero.
Vivenda
No que se refire a este tema de actualidade, a conselleira referiuse a Vigo como “a cidade na que a Xunta está a desenvolver máis vivenda pública e na que hai máis inscritos no Rexistro Único de Demandantes, 5.735 concretamente“.
Ademais, lembrou que tan só en Navia o Goberno galego prevé 1.600 vivendas protexidas e “a Estratexia de desenvolvemento de solo residencial permitiría na área de Vigo a construción de 9.000 vivendas máis, 7.000 delas protexidas”.