O Concello de Redondela manterá as feiras os días 6 e 21 de cada mes, tal e como establece a Ordenanza Municipal. Deste xeito, o Goberno local rexeita a petición de celebrar a feira todos os venres do ano, realizada pola Asociación de Empresarios y Comerciantes Ambulantes de Galicia con sede en Alpedrete, Madrid.
A decisión está abalada pola Asociación Galega de Ambulantes Autónomos, e tamén da Asociación de Empresarios de Redondela, que rexeitan facer a feira semanalmente cada venres. A alcaldesa, Digna Rivas, explica que desde o goberno local puxéronse en contacto tanto co colectivo de vendedores ambulantes que traballa en Redondela como coa asociación de empresarios para coñecer a súa opinión sobre este asunto “e ambos colectivos están a favor de manter os días de feira tal e como están actualmente”.
Deste xeito, o municipio conta con catro feiras mensuais, xa que en Chapela celébrase os días 2 e 16 de cada mes.
Tamén en vigoalminuto
- El Concello cierra parques y suspende las actividades de Navidad por la ‘Alerta Naranja’
- Así luce ‘O Barco do Nadal’ de Vigo
- Cientos de vehículos en oferta en Caroulet Vigo
A propia Asociación de Empresarios fixo unha sondaxe interna entre os seus asociados e un 80% están en contra de aumentar os días de feira. Outro aspecto a ter en conta son as consecuencias que a celebración da feira ten na vida cotiá dos veciños, pola reducción das prazas de aparcadoiro. “Celebrar a feira todos os venres do ano suporía un prexuízo maior para a veciñanza, e desde o goberno local primamos o interese xeral da cidadanía”, sinala a alcaldesa.
Ante o anuncio de mobilizacións e concentracións por parte deste colectivo de Alpedrete para reclamar que se acepte facer a feira todos os venres do ano, Rivas asegura que “non vou ceder a chantaxes nin presións por parte deste colectivo nin de ningún outro”.