O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) vén de formalizar o contrato para a redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra da nova área de Cirurxía Maxilofacial no Hospital Meixoeiro.
Esta nova unidade estará integrada por un equipo de dous especialistas en cirurxía maxilofacial, unha enfermeira, unha técnica auxiliar de enfermaría e persoal administrativo. Así, as novas instalacións permitirán a realización de cirurxías mediante anestesia local e tamén con sedación.
Está previsto que, de xeito inicial, a unidade atenda cada ano preto de 2.000 persoas, pertencentes ás áreas sanitarias de Vigo e de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Outras novas en vigoalminuto
- O Concello de Ponteareas denuncia o roubo de cable eléctrico na depuradora
- Arrancan los trabajos de los futuros ‘Peiraos do Solpor’ en la escollera de Bouzas
- Los drones de la Policía Local localizan a dos furtivos en la zona de la ETEA
- Comezan en Navia as obras dun novo edificio, con 41 pisos de protección
- El guitarrista David Russell ofrecerá en Vigo un concierto en beneficio del Banco de Alimentos
- El Concello ha autorizado este año gastos por un importe de 192 millones de euros
Equipamento de última xeración
A nova unidade de maxilofacial estará dotada con equipamento de última xeración, incluido un ortopantomógrafo dixital que permite realizar radiografías panorámicas da boca, cunha imaxe de ambos os dous lados do maxilar, da mandíbula e dos dentes, para identificar os problemas orais dos pacientes en 3D. Ademais, as imaxes poden ser visualizadas desde a plataforma de historia clínica electrónica IANUS de forma inmediata.
Este equipo suporá importantes vantaxes, tanto para os pacientes como para os profesionais, dado que emite menor radiación, conta cunha resolución de imaxe de maior calidade que a radiografía analóxica e garante a trazabilidade da información do paciente.
Situación provisional
Mentres se levan a cabo as obras da nova área de cirurxía maxilofacial, disporase dun espazo provisional específico no Hospital Meixoeiro coa dotación dun sofá de atención ao paciente e dos equipamentos necesarios para comezar paulatinamente a realización deste servizo. A previsión é que este espazo provisional comece a funcionar antes de que finalice este mes de setembro.