A Deputación de Pontevedra esgotou xa as entradas para desfrutar das visitas teatralizadas de Samaín ao Castelo de Soutomaior, tanto as propostas para as familias como para adultos. En total, a institución provincial ofertou máis de 1.000 prazas para desfrutar destes percorridos cargados de misterio e humor, nos que coñecer o lado máis terrorífico e divertido da historia da fortaleza todas as fins de semana de outubro e o 1 de novembro.
Troula Animación
As visitas teatralizadas para familias como para adultos serán a cargo da compañía Troula Animación e
baséanse na idea de que os asistentes o pasen ben pasándoo mal.
Máis novas en vigoalminuto
- Una persona muerta y otra herida, en Benetússer, durante los trabajos de limpieza de la DANASe ha derribado una escalera que comunicaba dos plantas de un aparcamiento
- As costas galegas rexistraron o ano pasado 689 varamentos de animais, a maioría cetáceosTamén tartarugas, quenllas, lontras e focas
- El Campus del Mar estará acabado a mediados de 2026 en los terrenos de la ETEALa Xunta invertirá 4,8 millones y el proyecto dará prioridad a la circulación no motorizada
Días e horarios das visitas
Así, as visitas destinadas ao público adulto terán lugar os venres e os sábados (os días 4, 5, 11, 12, 18, 19, 25 e 26 de outubro) en horario de 20:00 horas e 21:45 horas e nelas os participantes vivirán unha experiencia nocturna única e aterradora visitando da man de Félix as distintas zonas do castelo, onde haberá desagradables encontros.
No caso do público infantil e familiar, terán lugar todos os sábados e domingos do mes (os días 5, 6, 12, 13, 19, 20, 26 e 27 de outubro) en tripla sesión, ás 12:00, ás 16:00 e as 17:30 horas, ademais do 1 de novembro ás 16:00 e ás 17:30 horas. Trátase, deste caso, dunha experiencia que combina sustos suaves, humor e un toque de misterio que encantará tanto a pequenos como a adultos.