Comarcas

Aprobado o proxecto para a construción dunha senda na estrada PO-407 no Porriño

Nun itinerario de preto de 1 quilómetro de lonxitude

Aprobado o proxecto para a construción dunha senda na estrada PO-407 no Porriño

A Xunta aprobou o proxecto de trazado para executar unha senda peonil na estrada autonómica PO-407, no concello do Porriño. En concereto, o investimento que o Goberno galego destinará a esta actuación de mellora da seguridade viaria, especialmente para os peóns, será de 425.000€ no que se inclúe o pagamento dos 32 predios necesarios para executar a obra.

Itinerario de 1 quilómetro

Mediante esta actuación, trátase de executar un itinerario de preto de 1 quilómetro de lonxitude na marxe dereita da PO-407, que conta cun tráfico maioritariamente local, cunha importante funcionalidade e con vivendas na súa traza e dar acceso a un equipamento educativo como o colexio público Cruz de Budiño.

A aprobación definitiva deste proxecto por parte do Executivo autonómico leva tamén aparellada a declaración de utilidade pública, pola que se dispón a urxente ocupación dos terreos necesarios para executar esta intervención.

En concreto, o proxecto que vén de ser aprobado consiste na construción dunha senda no treito da estrada PO-407 comprendido entre os puntos quilométricos 0+130 e 1+020, creando un espazo seguro para o tránsito peonil independente da calzada, xa que esta carece na actualidade dunha zona destinada á circulación dos peóns.


Outras novas en vigoalminuto


Senda con pavimento táctil de botóns e paradas de autobus

A intervención deseñada polo departamento de Infraestruturas da Xunta permitirá a execución dunha senda en formigón coloreado de ancho mínimo de 1,80 metros, agás nun estreitamento puntual na contorna do punto quilométrico 0+750, onde existe unha estrutura.

De cara a facilitar a accesibilidade, nos vaos peonís previstos, colocarase pavimento táctil de botóns ou direccional, formado por baldosas de 30×30 centímetros sobre unha base de formigón. O pavimento táctil, indicador de advertencia ou proximidade a puntos de perigo, situarase nos extremos da senda para indicar o final da mesma, así como nas paradas de autobús ou nos pasos de peóns para advertir a posibilidade de cruzamento con seguridade.

As obras previstas inclúen melloras da seguridade adicionais, como o acondicionamento das paradas de autobús existentes nos puntos quilométricos 0+280 e 0+960. En ambos os casos acondicionarase e ampliarase a zona peonil, sinalizarase o refuxio e disporase de pavimentos que cumprirán as normativas vixentes de accesibilidade.

Prisma soterrado de telecomuniacións e iluminación

A intervención completarase con traballos adicionais de instalación dun prisma soterrado de telecomunicacións e iluminación, a mellora dos sistemas de drenaxe, a recolocación de contenedores de residuos, sistemas de contención, construción de muros ou reforzo da sinalización.

Esta nova actuación da Xunta é susceptible de financiamento dos fondos europeos FEDER 21/27.
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas convocará o levantamento de actas previas das expropiacións e licitará as obras no primeiro semestre de 2025. O prazo para acometer os traballos é de 8 meses.

También te puede interesar