Os traballadores da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) aprobaron en diferentes asambleas a proposta de folga indefinida proposta porlo Comité de Empresa para esixir que remate a externalización da programación e a recuperación do diálogo que permita a participación dos profesionais da compañía nas decisión que afectana as súas condicións de traballo.
Días e horas
A folga, comunicada á Dirección da RTVG e aos responsábeis da Administración laboral, comezará os días 7, 9, 11 e 14 do mes que vén. Se nesta derradeira data non houbese un acordo, pasará a ser indefinida dende o mércores 16 outubro.
O horario dos paros será de 11:30 e as 13:00 h. cando se emite o O Termómetro – cun custo de 16.000€ diarios- que sucedeu ao programa de produción propia A Revista –que levaba máis de 20 anos de emisión–.
Lei de Servizos de Medios Públicos de Comunicación Audiovisual
A folga convócase nun momento especialmente delicado para a radio e televisión públicas, logo de coñecerse o anteproxecto de Lei de Servizos dos Medios Públicos de Comunicación Audiovisual, presentado polo Goberno galego.
Os sindicatos, e unha grande parte dos profesionais, consideran que é un paso definitivo para “transformar por lei xa directamente a radiotelevisión galega no maior órgano de propaganda do Partido Popular da Galiza, unha burla á democracia que, de prosperar, tamén será enfrontada con contundencia polos seu profesionais”.