Comarcas

+Emprega permitirá a máis de 70 mozos sen emprego, traballar en 35 concellos da provincia

Este programa da Deputación conta cun orzamento de 1,1 millóns de euros

+Emprega permitirá a máis de 70 mozos sen emprego, traballar en 35 concellos da provincia

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou hoxe que a Xunta de Goberno provincial aprobou a relación de concellos da provincia que se beneficiarán do proxecto +Emprega que, cun orzamento de 1,1 millóns de euros para os anos 2024 e 2025, busca dotar a mozos desempregados dunha primeira experiencia profesional.

72 contratos

En concreto, a iniciativa, que forma parte do novo programa +Emprega, permitirá que 35 concellos de
menos de 50.000 habitantes
poidan realizar 72 contratos formativos. O obxectivo é promover a inclusión social, así como o desenvolvemento económico e social da provincia, a través da mellora da
empregabilidade.


Tamén en vigoalminuto


Os 35 concellos beneficiarios desta iniciativa son: A Cañiza, A Guarda, A Illa de Arousa, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Catoira, Covelo, Crecente, Marín, Meaño, Moaña, Mondariz-Balneario, Moraña, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Ponteareas, Pontecesures, Portas, Redondela, Ribadumia, Rodeiro, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova de Arousa, que recibirán axudas que irán dos 12.000 aos máis de 50.000€, segundo o número de contratacións e o nivel de estudo das persoas contratadas.

Estudos

Deste xeito, dos 72 contratos formativos que se realizarán nos concellos:

  • 42 serán para persoas cunha licenciatura, grao ou diplomatura;
  • 19 para aquelas con ciclos superiores de Formación Profesional
  • 11 para as que rematasen ciclos medios

Concellos

No relativo aos concellos, cinco teñen menos de 3.000 habitantes e van contratar a unha persoa; outros 16 teñen entre 3.000 e 10.000 habitantes e deles, 12 van contratar a dúas persoas e catro a unha, e dos 14 concellos de entre 10.000 e 50.000 habitantes, 12 van contratar a tres persoas, un
a dúas e outro a unha.

A partir de agora, tal e como explicou o presidente da Deputación, comeza a segunda fase deste proxecto, que consiste na selección das persoas beneficiarias destes contratos formativos, que deberán comezar o 1 ou o 15 de novembro deste ano. Os concellos serán os encargados das contratacións, ben a través do Servizo Público de Emprego ou das súas propias convocatorias.

También te puede interesar