O Bloque Nacionalista Galego demanda o campo de béisbol prometido por Abel Caballero para que o club Trasnos poida competir en Vigo. Así, o BNG reclama unha partida económica nos orzamentos municipais de 2025 para elaborar o proxecto e iniciar a construción das instalacións e rematar así co “inxusto maltrato” contra o equipo vigués, que leva 8 anos competindo como local nun campo da Coruña (e nalgunha ocasión até en Oviedo) malia o compromiso reiterado do alcalde.
Ademais
Abel Caballero se comprometa a que Vigo tenga un campo de béisbol “digno”
El alcalde anuncia que Vigo tendrá un campo de béisbol y estará en As Plantas
El Trasnos obligado a jugar como local en A Coruña al no tener campo en Vigo
Trasnos de Vigo, campeón de la Liga Nacional de Béisbol
Los vigueses del Trasnos, campeones de la Liga Nacional de 1ª división de Béisbol
Dos integrantes del equipo vigués de béisbol Trasnos, campeones de España
Tres jugadoras del Trasnos, a la selección
Miguel Groba, primer vigués quie jugará un Campeonato de Europa con la Selección Española de Béisbol
Fernándo Rodríguez, del Trasnos, elegido Mejor Entrenador de España
Cinco leyendas del béisbol mundial, en Vigo
Jeremy Guthrie, de Vigo a ganar las Grandes Ligas
Unha promesa de hai 8 anos
“Abel Caballero prometeu en 2016 que Vigo ía volver contar cun campo de béisbol, e pouco antes das eleccións municipais de 2023 reiterou esa promesa asegurando que remodelaría o antigo e abandonado campo das Plantas en Bembrive, pero a realidade é que non existe tal proxecto”, denunciou o concelleiro do BNG de Vigo, Filipe Abalde.
Abalde afeou que un Concello como Vigo que deixou 115 millóns de euros do orzamento municipal o pasado ano leve “castigando” durante oito anos ao club de béisbol da maior cidade galega. “É un síntoma máis da nefasta política deportiva do Goberno local e da incompetencia do concelleiro Manel Fernández”, criticou o edil nacionalista, que vai trasladar esta demanda na vindeira Comisión Informativa de Deportes.
Tamén en vigoalminuto
- Así luce ‘O Barco do Nadal’ de Vigo
- Cientos de vehículos en oferta en Caroulet Vigo
- A prisión tres de los cuatro detenidos por 12 atracos a punta de pistola en casas, estancos y farmacias de la provincia
- Tienes todos estos planes para el fin de semana
- Vigo se queda sin 1,5 millones de fondos europeos solicitados para el Pazo de Castrelos
- Diana Nogueira participa, como una voluntaria más en la Gran Recogida del Banco de Alimentos
Situación límite
Dende o Bloque aseguraron que o club Trasnos leva anos advertindo da “situación límite” que padecen por non dispoñer dunhas instalacións dignas na cidade, xerando un “elevado sobrecusto e sobrecarga” para xogadores e familias. “Esta situación pon en risco a propia continuidade do club e, se non toman medidas para evitalo, pode correr a mesma sorte que o desaparecido club Los Halcones en 2019 despois de xogar na máxima categoría”.
O concelleiro do BNG urxiu por iso a pasar das promesas aos feitos para facer realidade na temporada 2025/2026 unhas instalacións dignas onde se poidan celebrar competicións oficiais de béisbol na cidade. “O deporte vigués non pode permitirse o luxo de ver desaparecer o club Trasnos e, como maior cidade de Galiza, non podemos continuar carecendo dun campo de béisbol”, remachou Abalde.