O Auditorio Mar de Vigo será o escenario de dous concertos únicos que marcarán a axenda musical en Galicia, reunindo a esencia dunha das bandas precursoras do power pop de Big Star e a creatividade retro de Scott Bradlee’s Postmodern Jukebox. O 24 de outubro, Big Star celebrarán o 50 aniversario do seu icónico disco “Radio City”, unha oportunidade única para revivir este fito cunha banda formada por Jody Setephens (Big Star), Mike Mills (R.E.M.), Jon Auer (The Posies), Pat Sansone (Wilco) e Chris Stamey (The dB’s).
Ao día seguinte, Scott Bradlee’s Postmodern Jukebox chegará cun concerto exclusivo o 25 de outubro, enmarcado na súa xira mundial polo décimo aniversario, para deleitar ao público da cidade olívica co seu característico estilo de transformar éxitos modernos en pezas clásicas.
Más noticias en vigoalminuto
- Así luce ‘O Barco do Nadal’ de Vigo
- Cientos de vehículos en oferta en Caroulet Vigo
- A prisión tres de los cuatro detenidos por 12 atracos a punta de pistola en casas, estancos y farmacias de la provincia
- Tienes todos estos planes para el fin de semana
- Vigo se queda sin 1,5 millones de fondos europeos solicitados para el Pazo de Castrelos
- Diana Nogueira participa, como una voluntaria más en la Gran Recogida del Banco de Alimentos
Scott Bradlee’s Postmodern Jukebox
Conseguiu ao longo da súa carreira redefinir a maneira en que escoitamos os éxitos contemporáneos. A banda caracterízase por tomar cancións de artistas como Beyoncé, Lady Gaga ou Radiohead e darlles un xiro inesperado, interpretándoas en estilos clásicos como o jazz dos anos 20, o swing ou o Motown. Este enfoque único namorou xa a audiencias de todo o mundo, creando unha base de fans que non só gozan da música en directo, senón que tamén participan activamente no espectáculo, vestíndose ao estilo vintage e formando parte dunha experiencia inmersiva.
Este concerto será especialmente significativo, xa que se enmarca na xira de celebración do seu 10º aniversario e o seu show número 1.000, un logro pouco común na industria musical. Desde os seus inicios nun pequeno apartamento en Queens, New York, Scott Bradlee e o seu colectivo de artistas creceron ata converterse nun fenómeno global. Cada actuación está coidadosamente deseñada para transportar ao público a outra época, fusionando a nostalxia dos xéneros clásicos coa frescura dos éxitos actuais, creando un ambiente único e emocionante.
Única actuación en Galicia
O evento no Auditorio Mar de Vigo será a única oportunidade de ver este espectáculo en Galicia, o que converte esta data nunha cita ineludible. Cun elenco de músicos e artistas de primeiro nivel, o show promete ser unha celebración da música en todas as súas formas, onde o pasado e o presente atópanse nunha harmonía perfecta.
As entradas para o concerto de Scott Bradlee’s Postmodern Jukebox o vindeiro 25 de outubro no Auditorio Mar de Vigo pódense adquirir a través de www.teuticket.com.
Lembra
- O 24 de outubro, Big Star celebrarán o 50 aniversario do seu icónico disco “Radio City‘
- O día 25 Scott Bradlee’s Postmodern Jukebox chegará cun concerto exclusivo en Galicia