Veciños e empresas que estean radicadas preto dun parque eólico en Galicia, pagarán a metyade no recibo da luz. Será así cando empece a operar RDG, a comercializadora de enerxía da Xunta. O obxectivo é que inicie as súas operacións en 2025, constituída cun capital de 60.000€ e participada nun 30% pola Administración Galega, e o 70% restante por Abanca, Megasa, Finsa, Copasa ou o Grupo Nogar.
Así, a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, xunto ao conselleiro delegado de Recursos de Galicia (RDG), Emilio Bruquetas, explicou hoxe que o Goberno galego negocia con operadores do sector para incorporar os volumes de enerxía necesarios para a posta en marcha o ano que ven.
Máis novas en vigoalminuto
- La ciudad registró una ocupación hotelera del 48% el mes pasado
- Pontón denuncia en Vigo o aumento do traspaso de fondos á sanidade privada por parte da Xunta
- Adeus a Sargadelos
- Caballero acusa a Rueda de beneficiar a Coruña y marginar a Vigo
- Reclaman la paralización “inmediata” de la torre de control remota del aeropuerto de Vigo
- Jason Deluro, el 8 de agosto en Castrelos
Enerxía 100% galega e renovable
Lorenzana declarou que o obxectivo é “avanzar en autonomía enerxética e abaratar a enerxía dos fogares galegos, pero tamén das industrias e das empresas”. A nova empresa ofrecerá “enerxía cen por cen galega e cen por cen renovable”, subliñou a conselleira, e venderá toda esa enerxía aconsumidores galegos e a un “prezo competitivo”