Este luns, logo de que os traballadores da Corporación Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) aprobasen a proposta do Comité de Empresa para esixir que remate a externalización da programación e a recuperación do diálogo co persomal, comeza a folga dos profesionais da RTVG
Días e horas
A folga será os 7, 9, 11 e 14 deste mes e se nesta derradeira data non houbese un acordo, pasará a ser indefinida dende ovindeiro mércores, 16 outubro.
Os paros están previstos de 11:30 e as 13:00 h. cando se emite o O Termómetro – cun custo de 16.000€ diarios- que sucedeu ao programa de produción propia A Revista –que levaba máis de 20 anos de emisión–.
Lei de Servizos de Medios Públicos de Comunicación Audiovisual
A folga convócase nun momento especialmente delicado para a radio e televisión públicas, logo de coñecerse o anteproxecto de Lei de Servizos dos Medios Públicos de Comunicación Audiovisual, presentado polo Goberno galego.
Os sindicatos, e unha grande parte dos profesionais, consideran que é un paso definitivo para “transformar por lei xa directamente a radiotelevisión galega no maior órgano de propaganda do Partido Popular da Galiza, unha burla á democracia que, de prosperar, tamén enfrontarán con contundencia os seus profesionais”.