Galicia Sucesos

A Xunta activa os servizos de emerxencias e suspende a actividad exterior nos centros educativos

Declarada a Alerta Laranxa por vento e choiva

A Xunta activa os servizos de emerxencias e suspende a actividad exterior nos centros educativos

A Xunta, a través da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, vén de activar a alerta laranxa por vento e chuvia en terra con refachos moi fortes e por temporal costeiro en todo o litoral galego. Por iso, co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, advertiu da situación aos concellos das provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros. Deste xeito, a Xunta activou os servizos de emerxencias para estar previdos ante os episodios adversos. 

Ventos de 100 km/h

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), o fenómeno meteorolóxico por vento comezará mañá a primeiras horas da mañá e estenderase a toda a comunidade con refachos de ata 100 quilómetros por hora. No que se refire ao temporal costeiro, espéranse desde esta madrugada ventos do sur ou suroeste de forza 8 que poden acadar ocasionalmente forza 9 rolando a noroeste, xunto con mar combinada do oeste con ondas de ata 7 metros.  

Chuvia

O nivel de alerta laranxa por chuvia agárdase que se inicie dende as primeiras horas desta madrugada no interior das provincias da Coruña e Pontevedra, no noroeste de Ourense e na zona do Miño en Pontevedra e Ourense por precipitacións de 80 l/,2 en 12 horas.

Autoprotección

A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións. 

Ante os fortes ventos e chuvias recoméndase

  • circular con precaución e informarse antes do estado das estradas
  • evitar pasar preto de árbores, paneis publicitarios, andamiaxes e obxectos que poidan ser derrubados polo vento
  • non atravesar zonas inundadas ou que poidan chegar a asolagarse
  • non aparcar nas ribeiras dos ríos
  • evitar utilizar vehículos lixeiros ou de pouca estabilidade
  • retirar todos os obxectos que poidan caer á rúa desde tellados, balcóns e fiestras
  • Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese

Centros educativos

Debido á activación da alerta laranxa por vento por parte da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e de MeteoGalicia, a Comisión Escolar de Alertas decidiu suspender durante toda a xornada de mañá as actividades no exterior nos centros educativos de Galicia. 

Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades extraescolares. Adicionalmente extremaranse as condicións de circulación do transporte con seguimento das condicións climáticas.

También te puede interesar