O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, visitaron hoxe co arquitecto César Portela o interior do antigo Teatro Cine Fraga, o emblemático inmoble adquirido polas dúas administracións, co obxectivo de coñecer a reforma iniciada polo arquitecto e as posibilidades de actuación que presenta.
Deste xeito, para o titular de Cultura do Goberno galego trátase da segunda toma de contacto con quen fora o encargado de deseñar un proxecto de rehabilitación para o edificio en 2007, despois
dunha reunión mantida a principios do pasado mes de agosto.
Neste senso, o representante da Xunta lembrou que o Goberno autonómico e provincial “temos a sorte de contar cos coñecementos de César Portela que nos serviron para empezar a trazar ideas, polo que estamos agradecidos da súa colaboración”. Deste xeito, López Campos destacou que “é primordial coñecer polo miúdo os distintos espazos e visualizar as actuacións que estaban previstas na anterior proposta de restauración para comezar a proxectar a reforma que converterá o Teatro Cine Fraga no gran referente da
cultura en Vigo, Galicia e noroeste de España”.
Aproveitamento de todas as instalacións
O percorrido serviu así, asegurou, “para ter máis claro a nivel técnico o aproveitamento das instalacións para levar a cabo a programación cultural que pretendemos poida acoller este recinto, incluídos espectáculos que esixen unhas dimensións como as que se nos presentan aquí”.
Pola súa parte, o presidente da Deputación de Pontevedra valorou a experiencia e coñecemento de Portela para enriquecer as achegas que os profesionais do sector da cultura e a cidadanía están a facer ao futuro plan de usos do edificio. “Se hai unha voz autorizada para falar da recuperación, das posibilidades de futuro e da importancia de reabrir unha xoia arquitectónica e cultural como o Cine Fraga, ese é Cesar
Portela”, sinalou Luis López, quen amosou a súa satisfacción pola excelente acollida que está a ter o proceso participativo para decidir o futuro deste inmoble. “Estamos indo polo camiño correcto”, sostén o mandatario provincial.
Máis novas en vigoalminuto
- La Biblioteca del Estado en Vigo cumple 16 años… de anuncios
- A Deputación destina 100.000€ ao MARCO para “colaborar na programación cultural estable”
- Muere en plena calle, en Vigo
- La Corte Penal Internacional ordena el arresto de Netanyahu por crímenes de guerra y lesa humanidad
- Ofertas de Empleo en Vigo
- Detenidos en Vigo, acusados de estafar más de 100.000€
Un edificio emblemático
O antigo Teatro Cine Fraga foi ideado hai máis de 80 anos por encargo de Isaac Fraga Penedo, un dos exhibidores cinematográficos máis importantes de Galicia naquela época.
Con máis de 7.000 metros cadrados, o inmoble, propiedade de Abanca, foi adquirido pola Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra por 9,3 millóns de euros, unha operación materializada o 19 de xullo.
Paralelamente ás comprobacións arquitectónicas e distribución espacial da infraestrutura, estase a traballar nun plan de usos para este gran centro cultural, pensado para atraer á Comunidade proxectos baseados na exhibición, a creación e a participación con propostas culturais e creativas de relevancia.
O proceso está aberto á cidadanía coa campaña ‘O mellor espazo busca o mellor contido’, coa que desde a Xunta e a Deputación están a manter encontros co sector para escoitar as súas aportacións, ademais de manter unha caixa de correo a disposición de calquera persoa que queira deixar unha suxestión, esta: [email protected].