O actor e cómico Hovik Keuchkerian regresa aos escenarios tras máis de quince anos afastado do circuíto da comedia. Coñecido pola súa versatilidade no mundo do cinema, o teatro e a televisión, Hovik retoma a súa esencia como monologuista con “GRITO”, un show que mestura humor acedo e reflexións profundas sobre a realidade social actual.
‘GRITO’
“GRITO” non é só un monólogo, é unha mirada directa ao corazón dos problemas que afectan á humanidade hoxe en día. Nun texto cargado de intensidade, Hovik aborda temas como a guerra, a intolerancia, os extremismos e a manipulación social, convidando o público a reflexionar e rir ao mesmo tempo. O seu estilo, caracterizado pola súa causticidade e forza sobre o escenario, promete incomodar e, ao mesmo tempo, xerar unha comuñón co espectador.
Cunha duración de 75 minutos e recomendada para maiores de 14 anos, “GRITO” é unha chamada para liberarse das limitacións impostas polo poder, e a explorar os espazos onde a vida realmente ocorre.
Hovik Keuchkerian foi dúas veces campión de España de peso pesado en boxeo, e destacou na actuación con participacións en producións como “La Casa de Papel, “Reina Roja”, “Hispania, la leyenda”, “4 Latas”… Agora, volve á súa faceta máis xenuína: a comedia, e farao en Vigo o próximo mes de marzo.
Otras novas en vigoalminuto
- La Biblioteca del Estado en Vigo cumple 16 años… de anuncios
- A Deputación destina 100.000€ ao MARCO para “colaborar na programación cultural estable”
- Muere en plena calle, en Vigo
- La Corte Penal Internacional ordena el arresto de Netanyahu por crímenes de guerra y lesa humanidad
- Ofertas de Empleo en Vigo
- Detenidos en Vigo, acusados de estafar más de 100.000€
O Auditorio Mar de Vigo convértese nun dos recintos de maior capacidade para acoller os mellores shows de comedia, como os de Goyo Jiménez, Juan Dávila, Dani Martínez ou o espectáculo Mentes Peligrosas, que regresa con dúas datas en marzo e maio do ano que vén.
Hovik Keuchkerian únese a esa lista de grandes espectáculos, presentando “GRITO” nunha única data o próximo 28 de marzo (21.00 horas). As entradas para o show xa están dispoñibles a través de www.teuticket.com.