Cultura

Date unha volta e pide unha das tapas que participan este ano no ‘Petisco’

Podes elixir entre 32 locais da cidade, mira cales

Date unha volta e pide unha das tapas que participan este ano no 'Petisco'

O Petisquiño, o concurso de tapas de Vigo, cumpre 10 anos buscando o mellor bocado da cidade. Coincidindo co aniversario, este ano, por primeira vez, inclúese unha nova categoría, a tapa máis larpeira, que premiará a mellor preparación doce. En total serán 32 establecementos participantes e un total de 41 tapas entre salgadas e doces.  O certame celebrarase entre o 10 e o 27 de outubro.

Así, o obxectivo último do Petisquiño é  pór en valor a oferta gastronómica da cidade e fomentar o consumo e coñecemento entre os hostaleiros de Vigo.  Os locais participantes ofrecerán as súas tapas a un prezo de 4€, nun determinado horario especificado polo propio local.

O público decide

As persoas que gocen das tapas poderán votar a que cren que é a mellor ou mellores, a través da aplicación de Feprotur, onde haberá unha ficha de cada unha delas incluíndo os seus valores nutricionais e alérxenos.

O gañador á Mellor Tapa 2024 representará a cidade na Gala Show Cooking mellor cociñeiro de tapas por Galicia (campionato autonómico) e tamén no Campionato Oficial Hostelería de España – Tapas e Pinchos (campionato nacional). O resto dos galardóns son: premio á tapa máis popular, á que mellor maride co viño Ponte de Boga, á mellor elaborada con produtos do mar, a tapa máis riquiña e a máis larpeira.


Outras novas en vigoalminuto


Estos son os locais participantes

  • ATTICA21 VIGO. Vieira curada, espuma de patata y seta de temporada.
  • BAR PRIMAVERA. Sardipapa
  • BARUTA BURGER & KITCHEN. Taco mantuano 
  • BENDITO NOPAL. Taco de pulpo zarandeado
  • CHEMIN DE FER – RESTAURANTE CASINO DE VIGO. Neboeira
  • CHILANGA. Sope de choricito y patata de queso de Cebreiro
  • COSA NOSTRA
  • Tapa Salada: Cosa nuestra
  • Tapa Dulce: Cosa nuestra
  • COSTERA MX OYSTER BAR: Aguachile costera
  • KOZY CAFÉ: Vieira Orly, crema de coral y gamba roja y alioli
  • A BODEGUILLA DE ARI: tapa por confirmar
  • LA CENTRAL GASTRO: Gambón en texturas
  • LA CONTENTA: Bocata de calamar y cacheira dentro de un pan chino.
  • LA CULTURAL BRUNCH: Benny Mar
  • Tapa dulce: Fantasía de higos y pistacho
  • LA MARCIANA: Ondas do mar
  • LA ORENSANA: Croquetitha de avril
  • LA PICA Tapa Salada: Calamar en su tinta con cachelo reventado, aires de limón y lágrimas de chalata. Tapa Dulce: Hojaldre invertido con crema de queso terra, reduccion de licor cafe  helado de dulce de leche y nueces
  • LA PINTXOTECA: Churrrasco emigrado
  • LA REVOLTOSA: Primeo Tere y después Gloria
  • LOS DULCES DE ALBITA: Apple & pumpking spice cheescake
  • LOS GIRASOLES Tapa Salada: Milhoja de huevo de codorniz Tapa Dulce: tortitas de canela
  • LUME DE CAROZO Nombre de la tapa: CEVICHE DE VIEIRA
  • NH COLLECTION VIGO Nombre de la tapa: Gambón frito con sisho morado y mayo spicy
  • NIKKO ESPACIO GASTRONÓMICO Nombre de la tapa: Tomate 2.0
  • O CROQUE COCIÑA Tapa salada: Empanada de atún vermello e tomate. Tapa dulce: outono con queixo e figos
  • O LAR DAS ARTES Nombre de la tapa: Pataca meiga rechea
  • PINTXOTECA MAR Nombre de la tapa: Texturas de la gamba
  • PLATERO´S BURRITOS TEX-MEX Nombre de la tapa: TacoTapa
  • PORTO CAFÉ Tapa salada: Verde do Castro. Tapa dulce: Dulce lembranza
  • RAZA VIGO Nombre de la tapa: Del monte a la tosta
  • RESTAURANTE CASA FIDEL Tapa salada: Mejillón al peregrino blanco y patatas chips. Tapa dulce: Huevo de mousse de higos
  • RESTAURANTE GÜÓC Tapa salada: Baozi de churrasko. Tapa dulce: Cremoso  de pasión
  • RESTAURANTE MALASANGRE Tapa salada: Milhoja frita de “no ensaladilla” de bonito curado, crema agria de tomates escalibados y puerrito avellanado. Tapa dulce: Galleta de foie grass, avellana caramelizada, limón curado e higos

También te puede interesar