Diante da aparición dunha “campaña ultraespañolista” reivindicando a conquista de América en soportes publicitarios públicos na cidade de Vigo, o Bloque Nacionalista Galego vén de dirixirse ao Goberno municipal esixindo que actúe para a súa retirada.
No concreto, apuintan dende o BNG, trátase de cartelaría co lema “1492, ni genocidas, ni esclavistas. Fueron heroes y santos” promovida pola Asociación Católica de Propagandistas (ACdP) para “celebrar” o denominado Día da Hispanidade, instalada en marquesiñas de paradas de bus, en rúas como a avenida García Barbón.
Outras novas en vigoalminuto
- ‘Ari y los Magritte’, este jueves en La Fábrica de Chocolate
- Freire coloca la quilla del ‘Thuwal II’, buque de investigación de última generación que ensambla el astillero vigués
- O PP de Redondela disposto a aprobar os orzamentos, si dimite a alcaldesa e hai un novo pleno de investidura
- Marlaska no dimite, pese a que el Gobierno rescinde el contrato de compra de armas de Interior a una empresa israelí
- Once detenidos en varias ciudades, entre ellas Vigo por difundir imágenes íntimas de mujeres
- Fin de semana soleado… por fin
“Promoción do odio e alento a un discurso antihistórico que nega o xenocidio”
Para o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, esta campaña “promove abertamente o odio e alenta un discurso antihistórico que nega o xenocidio, a dominación e a escravitude que provocou a conquista colonial de América promovida desde o século XV”.
“Presentar como heroes e santos os responsábeis dun réxime de dominación violenta ao servizo da monarquía española que provocou, segundo diversas estimacións históricas, a morte de 9 de cada 10 indíxenas e millóns de persoas escravizadas atenta contra a defensa dos máis elementais dereitos humanos”, explicou.
Igrexas urxiu o Goberno municipal de Abel Caballero a actuar para impedir que en soportes publicitarios que fan parte do mobiliario público municipal se faga “apoloxía do xenocidio”. No concreto, demanda que se dean instrucións inmediatas para a retirada desta campaña promovida pola ACdP.