Comarcas

Luis López presenta ante alcaldes da provincia os plans de investimentos por máis de 91 millóns

O presidente da Deputación salientou que “nunca antes esta casa puxo tantos recursos ao servizo do municipalismo”

Luis López presenta ante alcaldes da provincia os plans de investimentos por máis de 91 millóns

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presentou este xoves ante alcaldes e alcaldesas da provincia os plans de investimento municipalista que o organismo provincial ten preparados para o vindeiro ano 2025 e que superan os 91 millóns de euros.

Plan Extra, Plan de Infraestruturas Deportivas e +Provincia

Acompañado polos membros do seu goberno, o mandatario provincial anunciou no salón de plenos do Pazo provincial a rexedores e edís de todo o territorio a estrea dun novo programa, o Plan Provincia Extraordinaria (Plan Extra), dotado 35 millóns de euros para executar proxectos estratéxicos nos concellos, a segunda edición do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas cun orzamento de 8 millóns de euros, o mantemento do +Provincia como o plan de cooperación máis alto da historia da Deputación con 48,2 millóns de euros, ademais, a aprobación dos orzamentos do vindeiro ano 2025 en tempo e forma para a súa entrada en vigor o vindeiro 1 de xaneiro.

“No ano 2025 a Deputación porá a disposición dos pequenos e medianos concellos plans de investimento por valor de 91,2 millóns de euros. Nunca antes esta casa puxo tantos recursos ao servizo do municipalismo, resumiu Luis López.

Diante dos representantes dos concellos de menos de 50.000 habitantes, Luis López presentou a axenda de investimentos provinciais que suman todos estes plans e que iguala case ao orzamento aprobado inicialmente na cidade de Pontevedra e corresponde practicamente á suma das contas de Vilagarcía, Redondela, Cangas e Marín, os catro municipios máis poboados da provincia despois de Vigo e Pontevedra, ademais de equivaler a vinte veces máis ca o destinado á adquisición do cine Fraga.

“Esforzámonos na financiación dos concellos como en ningún outro momento. Poñemos todo da
nosa parte para que o conxunto dos municipios da provincia afronten os seus retos e necesidades da formamáis solvente posible”
, defendeu o presidente provincial.


Tamén en vigoalminuto


Plan Provincia Extraordinaria

Un dos anuncios máis destacados da súa presentación foi o Plan Provincia Extraordinaria (Plan Extra), un
programa non ordinario dotado con 35 millóns de euros para promover investimentos estratéxicos nos concellos de menos de 50.000 habitantes para levar a cabo actuacións de construción ou mellora de infraestruturas e servizos.

  • Deste xeito, estes concellos poderán acceder a unha subvención máxima de medio millón cunha achega municipal mínima do 15%:
  • os de entre 5.000 e 10.000 recibirán ata 700.000 euros cun 20% de achega mínima pola súa parte
  • aqueles que teñan entre 10.000 a 20.000 habitantes terán de máximo 95% e un 25% de achega municipal e os de entre 20.000 e 50.000 habitantes poderán acceder ata 1,1 millóns se achegan un 30%

“É Un plan extraordinario porque somos un territorio extraordinario, que é quen de progresar se o fai da
man e co apoio axeitado. Un Plan extraordinario que se sitúa fóra dos instrumentos habituais. E un plan
que primará os investimentos de carácter estratéxico”
, explicou López.

Instalacións deportivas

Igualmente, o presidente salientou a posta a disposición dos concellos da segunda edición do Plan de Infraestruturas Deportivas, “o que máis me identifica persoal e politicamente”, incidiu. Na súa primeira edición promoveu investimentos por valor de 7 millóns de euros en 75 proxectos.

Un esforzo que terá continuidade no vindeiro ano cunha segunda edición que chegará co dobre de recursos: dos 4 millóns deste ano pasará a 8 millóns de euros. Ademais cada concello contará cunha asignación fixa de 75.000 euros para mellorar as súas infraestruturas, en lugar dos 25.000 euros cos que partían este ano.

+Provincia

Outro programa que acadará o vindeiro ano a súa segunda edición é o +Provincia. O plan de obras e
servizos da Deputación volverá ser no 2025 o programa con maior dotación da historia do organismo provincial ao manter os 48,2 millóns de euros do orzamento.

Con todo, “chegará cunha importante novidade: aqueles concellos que desexen acometer investimentos estratéxicos en 2025, poderán realizar investimentos plurianuais para que poidan iniciar as obras canto antes e dispoñan dun horizonte financeiro claro e estable. Se así o desexan, claro, en base á súa autonomía. Máis flexibilidade e máis autonomía local é necesariamente Máis Provincia”, sentenciou López.

Estabilidade e cooperación

A cuarta mensaxe que o mandatario provincial fixo chegar aos rexedores da provincia foi que, “unha vez
máis, a Deputación aprobará os seus Orzamentos en tempo e forma para que entren en vigor o vindeiro 1 de xaneiro. Unha mensaxe de estabilidade, de planificación e de certezas nun contexto no que cada vez
son máis necesarias, e ás veces tan escasas. Grazas ao traballo intenso do persoal da casa e da estabilidade política que nos deron as urnas”
, recoñeceu o titular do goberno da Deputación.

Luis López puxo o +Provincia como exemplo aproveitando que este venres na Xunta de Goberno da Deputación quedará liquidado coa asignación de todos os recursos. “Entre achegas municipais e provinciais permitiu mobilizar máis de 53 millóns de euros: 24,8 millóns en 160 proxectos de mellora de vías e mobilidade

  • 11,9 millóns en 108 actuacións de servizos ou equipamentos públicos
  • 4,6 destinados a 45 iniciativas de saneamento e abastecemento
  • 7,7 millóns en 39 de infraestruturas deportivas
  • 3,3 M€ en 22 proxectos de eficiencia enerxética
  • e case 720.000 € para 16 parques infantís

“Levamos feito moito e faremos máis en 2025”, salientou o presidente provincial antes de informar de que a partir do ano 2025 a Deputación de Pontevedra terá que comezar a devolver os créditos bancarios solicitados polo anterior goberno en 2021 para financiar o denominado ReacPon. O Plan Extra é un plan financiado integramente con cargo a ingresos.

López, ademais, celebrou que o clima de colaboración municipal constituíra unha “saudable excepción”
dentro do clima político crispado que hai noutros territorios e pediu afondar nesa liña. “A colaboración que mantivemos ata hoxe estou seguro de que seguirá sendo unha constante neste e nos seguintes anos.
Tenderemos pontes, un ano máis”.

También te puede interesar