Concello de Nigrán e as Comunidades de Montes de Chandebrito e de Camos conmemoran este domingo 13 de outubro en sendas parroquias o ‘VII Aniversario dos Incendios’ con diferentes actos abertos á participación da veciñanza durante toda a mañá que rematarán con choripáns e viño nas Rozadas.
Actos
A xornada comezará ás 11:30 horas ao carón do cemiterio de Camos para desprazarse desde alí á principal entrada do parque forestal nesta parroquia, aquí plantaranse 15 árbores autóctonas e, desde ese punto, realizarase unha andaina ata a outra entrada en Chandebrito (Rozadas) para plantar outros 15 (madroño, pradairo, sobreira, carballo, bidueira e arces).
Nesta mesma área, a partir das 13:00 horas, Árbore Arqueoloxía realizará un obradoiro para as crianzas de fabricación de xabalinas e colgantes e, ás 13:30 horas, serviranse chouripáns e viño para os asistentes.
Durante a mañá farase un recoñecemento especial ás comunidades de montes de Camos e Chandebrito, xa que cederon as 42 hectáreas para realizar o parque forestal, aos centros educativos colaboradores, aos axentes medioambientais de Medio Rural (distrito XVIII) que sempre participan nas diferentes accións nesta contorna e a Jesús Pereira Valverde, veciño de Camos que axuda sempre altruistamente no mantemento e benestar.
Outras novas en vigoalminuto
- O Tribunal Supremo ratifica a condena á Xunta por vulnerar os dereitos dos médicos de Atención Primaria
- Los perros guía de la ONCE reclaman su derecho de acceso a bares, cafeterías y restaurantes
- ¿Buscas trabajo? estas son algunas ofertas de empleo, publicadas las últimas horas
- Monbus pone en marcha un servicio especial de refuerzos tras el apagón general
- Vigo como cualquier otro día, pero sin clases, sin trenes de media distancia y con la prohibición de bañarse en la playa
- Amnistía Internacional reclama a Xunta y Concello de Vigo más vivienda social
Lumes de 2017
As parroquias de Chandebrito e Camos viviron o 15 de outubro de 2017 un dos momentos máis tráxicos da súa historia ao sufrir uns gravísimos incendios que se levaron a vida de dúas mulleres nunha evacuación fallida, Angelina Otero e Maximina Iglesias, e máis de 600 hectáreas de monte arrasadas.
“