Destacados Vigo al minuto

O Goberno acorda co BNG traballar para que a Illa de Toralla sexa de acceso público

Na zona de servidume e no acceso ao mar

'Bandeira Negra' dos ecoloxistas para a Illa de Toralla

O Goberno vén de confirmar que adoptará todas as “medidas que sexan necesarias para que a Illa de Toralla sexa de accesibilidade pública” tal e como está co contemplado na normativa de Costas. A senadora do BNG, Carme da Silva, felicita este acordo co executivo e sinala que estarán vixiantes para que se cumpra a lei de costas e que a veciñanza poida visitar a illa cando queira.

Da Silva lembra a loita veciñal destes últimos anos e agradece que nunca se renderan: “a boa nova de hoxe tamén é grazas ao traballo incansábel das veciñas e veciños de San Miguel de Oiga e dos diversos colectivos vigueses”.

Libre circulación pola illa…

Co obxectivo de conseguir que se permita a libre circulación da cidadanía pola Illa de Toralla e «garantir un dereito fundamental da veciñanza«, o BNG desenvolveu o seu traballo nos últimos tempos. Durante os mesmos, sinala a organización nacionalista, «as diferentes administracións -Concello, Xunta e Estado- miraron cara a outro lado» e desoíron as reclamacións da veciñanza que demandaba o acceso libre á Illa de Toralla.

“O BNG consegue o compromiso do Goberno do Estado para garantir a accesibilidade pública da illa. O Ministerio para a Transición Ecolóxica, no concreto, vai adoptar as medidas necesarias para que a Illa de Toralla sexa de accesibilidade pública, tal e como está contemplado na normativa de Costas” sinala a senadora do BNG, Carme da Silva.

…na zona de servidume de protección, de tránsito e no de acceso ao mar

Así mesmo, segundo puido coñecer a senadora nacionalista, a Dirección Xeral da Costa e o Mar “é consciente das limitacións existentes na actualidade” e avanza “que está a traballar nunha solución para revertelas”. Carme da Silva, que defendeu garantir o tránsito público na zona de servidume de protección, de tránsito e nas de acceso ao mar, logrou a atención da Dirección Xeral e esta comprometeuse a traballar na habilitación da servidume de tránsito e telo como un obxectivo presente.


Tamén en vigoalminuto


Débeda histótica coa cidade

Pola súa banda, o portavoz municipal do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, reivindicou o acceso público á illa de Toralla como unha débeda histórica coa cidade  “As viguesas e vigueses non podemos aceptar que continúe a ser o couto VIP duns poucos, incumprindo a lei no relativo ao dominio público marítimo-terrestre”, defendeu, trasladando o apoio da fronte nacionalista ás mobilizacións veciñais e ecoloxistas das últimas semanas.

Igrexas asegurou que o Bloque vai continuar exercendo presión para o que Goberno cumpra con este compromiso de recuperar Toralla como espazo público e abra a senda peonil aprobada no ano 2008. “Que continúe a ser unha illa privatizada é responsabilidade dos sucesivos gobernos do Estado, coa complicidade do Goberno municipal e da Xunta de Galiza”, afeou.

Precisamente esta semana, no último Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, Igrexas interpelou o Goberno municipal a respeito de que actuacións ten emprendido ou vai emprender para facer cumprir a lei e que se permita o tránsito público na Illa de Toralla. Cuestión que «non recibiu ningunha resposta por parte do executivo de Abel Caballero».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.