O Consello da Xunta autorizou este luns o proxecto de redacción para a construción de 68 novas vivendas públicas en San Paio de Navia. Exactamente, destínanse 637.000€ para este proxecto que forma parte da segunda fase da urbanización de Navia, que ten como obxectivo chegar aos 1.600 pisos nos próximos anos.
Na rolda de prensa posterior á reubnión do Goberno, Alfonso Rueda asegurou que “Vigo e A Coruña son os lugares en que concentran maior esforzo investidor da Xunta en materia de vivenda”. O presidente apuntou que o obxectivo final é duplicar o parque de vivenda pública de 4.000 a 8.000 casas.
Ademais en vigoalminuto
- Adiós a la grada de Gol
- Vuelve la Panificadora, un clásico en las noticias de Vigo de los últimos 20 años
- Cuatro conductores interceptados borrachos, tres de ellos también bajo los efectos de la cocaína
- Veciños de Teis organizan este sábado un acto polo ‘Día de Rosalía’ e para reclamar a biblioteca
- Aprobado el proyecto de humanización de la Avenida de Clara Campoamor
- Vanesa Martín, segundo concierto del verano en Castrelos
Dous edificios
En agosto, a Xunta licitara os proxectos e construcción de 57 pisos de protección por un total de 12,8 millóns. En concreto, licitáranse os servizos de redacción de proxecto e dirección de obra e de contratación das obras de construción de dous edificios de 38 e 19 vivendas de promoción pública nas parcelas M-IVA-6 e M-IVA-3 do polígono 1 de Navia.
Na parcela M-IVA-3 prevese a construción dun edificio para 19 vivendas de promoción pública, garaxes e rochos. Polo que se refire á M-IVA-6 prevese a construción dun edificio para 38 vivendas.
Máis de 106.000 m2 para 719 novas vivendas protexidas
Pola súa banda, en xullo, a Consellería de Vivenda e Promoción de Infraestruturas, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), autorizou a contratación da obra de urbanización do polígono 2 (Fases A e B) do plan parcial de Navia cun investimento de 16.368.975,04 euros. Ademais xa están en marchas as obras do polígono 1, con remate previsto para a primavera do ano 2025.
Antes xa se autorizara a licitación da obra de urbanización do polígono 2 da ampliación de San Paio de Navia, que ten unha superficie total de 106.361 metros cadrados, e prevese que poida acoller un total de 719 vivendas.
Desta forma, na Fase A, con 44.538 metros cadrados, haberá 337 vivendas, e na Fase B, con 61.823 metros cadrados, serán 382 vivendas.