Deportes

A Copa Deputación da zona Vigo e sur arrancará o 1 de novembro e que a final será o 17 de maio

A vicepresidenta, Luisa Sánchez, participou no sorteo e confirmou a participación de 60 equipos

A Copa Deputación da zona Vigo e sur arrancará o 1 de novembro e que a final será o 17 de maio

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou na sede da Federación Galega de Fútbol en Vigo no sorteo da fase sur da ‘Copa Deputación‘ de fútbol, un acto no que tamén estiveron presentes representantes de todos os clubs da zona.

A Deputación e a Federación unimos as nosas forzas para garantir a supervivencia dunha competición que era unha insignia na provincia e merecía unha continuidade”, asegurou a vicepresidenta provincial quen confirmou que a Copa Deputación arrancará o 1 de novembro, que a gran final será o 17 de maio, e que participarán na proba un total de 60 equipos de Vigo e do sur da provincia de Pontevedra.


Tamén en vigoalminuto


Partidos 1 de novembro

A Copa Deputación de Pontevedra en Vigo e no sur da provincia arrancará o 1 de novembro cos partidos:

  • Rac. Vilariño – Balaídos CF
  • Covelo – Progresista
  • San Miguel CF – ED. Val Miñor
  • Lavadores -Gondomar CF
  • Oiense CF -CD Pontellas
  • San Salvador – At. Huracán
  • Colegio Hogar- Porriño Ind.
  • CD Coia – UD Atios
  • Salvaterra SD – Alertanavia
  • CF San Esteban -Caldelas CD
  • Mondariz – Goián CF
  • Xinzo CF – Vila de Corpus
  • Guillarei – Moledo CF
  • Celta Academy – Vincios
  • Chapela CF – Nieves CF
  • Alerta Sang. – E SP Guardés
  • At. Villar – Chaín
  • Caselas CF – Tebra FC
  • Desc. Sampayo – Santa Mariña
  • CD Nieto – CF Cañiza
  • Candeán – Rac. Castrelos
  • Louro Tameiga – Rap. Bouzas
  • UD Ribeira -Gondomar FB
  • UD Nespereira -UD Mos
  • SR Casablanca – La Guía
  • Arbo CF – Tomiño FC
  • Crecentense -Club Peñasco
  • Ribadelouro – CD Teis

Encontros 6 decembro

  • Cult Areas – At. Matamá
  • Juv. Ponteareas – CD Choco

Estos se suman aos vencedores da proba disputada o 1 de novembro. Os partidos seguintes, tamén entre gañadores, terán lugar o 4 de xaneiro e o 4 de marzo. Os cuartos de final disputaranse o 17 de abril, a semifinal o 1 de maio e a final da Copa Deputación de Fútbol da zona norte terá lugar o 17 de maio.

Copa Deputación

Luisa Sánchez lembrou que o pasado ano participaron en total na Copa Deputación 135 equipos de 47 concellos da provincia. Tamén aproveitou a ocasión para remarcar o “xiro absoluto” das políticas de deporte da Deputación co goberno actual, como os “900.000 euros que recibirán 80 clubs que participan en competicións oficiais de ámbito estatal”, os “500.000 euros na liña de axudas á celebración de competicións ou eventos”.

A eles, engade a vicepresidenta, hai que sumar o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, que “pasa dos 4 millóns na súa primeira edición aos 8 millóns en 2025”. Todo isto, asegurou, “porque os clubs e deportistas desta provincia están nun momento excepcional, acumulando triunfos e situándonos no mapa, e tiñamos que estar á altura para fomentar que Pontevedra se converta no grande estadio deportivo do mundo”.

También te puede interesar