O Bloque Nacionalista Galego vén de demandar explicacións ao Goberno municipal de Vigo polo atraso que se está a producir na tramitación das axudas para comedor escolar.
Xabier P. Igrexas, portavoz municipal do BNG, adianta que interpelará sobre esta cuestión na vindeira Comisión Informativa de Política Social. “Cando se cumpre máis dun mes do inicio do curso escolar e de que finalizase o prazo para a solicitude das becas de comedor do Concello de Vigo, desde o BNG temos que denunciar que nada se sabe sobre a tramitación dunhas axudas que son absolutamente vitais para arredor de 4.000 familias da nosa cidade”, sinalou.
Demandas das ANPAs
Igrexas criticou que a pesar das reiteradas demandas por parte das ANPAs e dos continuados reclamos feitos desde o BNG, que “levamos anos a esixir que se anticipe a tramitación para garantir que antes do inicio do curso todas as familias solicitantes poidan saber se van recibir ou non esta beca”, o Goberno municipal “insiste no desleixo con cada vez un maior atraso na xestión destas axudas”.
Unha xestión “neglixente” que, apuntou, ten un claro impacto nun importante número de familias de baixos recursos que ante a dúbida de se van recibir beca ou non vense obrigadas a non mandar ao comedor as súas crianzas por non poderen anticipar o custe deste servizo.
“Falamos de que o Goberno municipal que cada ano adianta os anuncios e posta en escena do Nadal, provoca que haxa moitas nenas e nenos da cidade que non poidan facer uso do servizo de comedor escolar”, reprochou o portavoz municipal nacionalista.
Outras novas en vigoalminuto
- Así luce ‘O Barco do Nadal’ de Vigo
- Cientos de vehículos en oferta en Caroulet Vigo
- A prisión tres de los cuatro detenidos por 12 atracos a punta de pistola en casas, estancos y farmacias de la provincia
- Tienes todos estos planes para el fin de semana
- Vigo se queda sin 1,5 millones de fondos europeos solicitados para el Pazo de Castrelos
- Diana Nogueira participa, como una voluntaria más en la Gran Recogida del Banco de Alimentos
Interpelación
Diante desta situación, o BNG vai demandar na vindeira Comisión Informativa de Política Social, que se vai celebrar este luns, axilidade e que proceda a anticipar as axudas solicitadas mentres non conclúa a súa tramitación administrativa.
Aliás, van demandar formalmente que se informe de maneira detallada de cantas solicitudes teñen sido xa tramitadas até o momento por parte dos servizos municipais e en que data está previsto que se poida resolver a concesión das axudas.
“Desde o BNG temos que reiterar que non hai argumento nin escusa para que o concello da maior cidade de Galiza, cun orzamento de case 400 millóns de euros, teña a crianzas que precisan do servizo de comedor escolar sen poder facer uso del por culpa da incompetencia do Goberno municipal”.
Que pasou o curso anterior?
Como informamos en vigoalminuto, o curso 2023/2024 o Concello aprobou en decembro as axudas de comedor e material escolar, que comezaron a pagarse ese mesmo mes. Foron 3.560 en total, o que supuxo 560 más que o ano anterior, polo cal a partida destinada a elas incrementouse en 250.000€.
Un proceso máis longo pola “alta demanda“
Daquela, o alcalde explicaba que a alta demanda provocara que o proceso de tramitación fora máis longo, ademáis de houbo que aumentar o orzamento para esas axudas. Con todo, Abel Caballero subliñaba que “non hai unha soa familia en lista de agarda para as becas de comedor” e repetiu que o obxectivo do Concello era que “ningún neno ou nena, cumprimdo os requisitos, estivese sen comedor en Vigo”.