O Concello do Porriño comezou cos traballos para o acondicionamento de varios viais do parque empresarial da Granxa, concretamente na Casilla en Atios. O proxecto conta cun orzamento de máis de 114.000€.
Estes viais atopábanse nun estado deficiente, sendo necesaria a rehabilitación do pavimento para garantir a seguridade de vehículos e peóns.
Ampliación da calzada
Para isto, acometerase a ampliación da calzada e dous regos. Actuarase nun treito de 633 metros, cunha anchura media de 6,1 m. Ampliarase a plataforma en 651 m2 realizarase o bacheo de máis de 300 m2 e o fresado de máis de 2,1 km2 e por último estenderase unha nova capa de rodadura nunha superficie de 6,1 km2. Os traballos incluirán o rasanteo de 31 tapas de rexistro e rematarán coa renovación da sinalización horizontal.
No marco deste proxecto levouse a cabo unha exhaustiva revisión do sistema de abastecemento de auga contraincendios do PPI 6-2, que acusa o deterioro do paso do tempo, e unha vez detectadas as incidencias procederase a resolvelas para adecualo á normativa vixente. Esta instalación componse dun depósito a cota superficial e dúas bombas principais encargadas de subministrar o caudal de auga necesaria. O grupo conta tamén cunha bomba auxiliar que mantén presurizada a instalación.
Camiño no Carracido
Ademási, tamén está en marcha o repavimentado dun camiño no barrio de Carracido, duns 600 metros de lonxitude que, ata o de agora, presentaba un evidente estado de deterioro.
Este camiño, utilizado diariamente por moitos usuarios e residentes da zona, xeraba prexuízos, tanto en termos de mobilidade como de seguridade viaria. O mal estado da vía representaba un risco significativo, afectando non só aos condutores, senón tamén a peóns e ciclistas.
Os traballos de reposición integral do firme abranguen a limpeza e desbroce das marxes, realce das tapas de rexistro, destaconado de raíces e sinalización viaria.
Outras novas en vigoalminuto
- Ofertas de Empleo en Vigo
- Detenidos en Vigo, acusados de estafar más de 100.000€
- Vigo reconoce la labor desinterada y generosa de sus voluntarias y voluntarios
- Caballero pone en marcha los conciertos de Castrelos 2025
- O Porriño estrea parque no Outeiro, en Atios
- Chubascos hasta el viernes
Plan Integral
A actuación forma parte do plan integral do Goberno Municipal para mellorar as infraestruturas viarias, priorizando as áreas rurais que, historicamente, foron menos atendidas. Con estas obras, o búscase garantir un acceso seguro e cómodo para os veciños.
O alcalde, Alejandro Lorenzo subliña que “apostamos pola mellora de todas as nosas infraestruturas, especialmente nas zonas rurais, onde os habitantes merecen as mesmas condicións de seguridade e benestar que no núcleo urbano”.