A poucos días de cumprirse un ano dende que a súa estrea na 37 edición do Festival Cineuropa esgotase as entradas no Salón Teatro de Santiago de Compostela, o debut como director de Bruno Arias (Vigo, 1998) chega a salas de cine de todas as provincias galegas.
O próximo mércores 6 de novembro ás 19:55h é a data sinalada para que a película chegue á súa primeira proxección en cines. A anfritrioa do evento será a sala compostelá NUMAX, que acollerá un coloquio con parte do equipo: ademais do director, asistirá tamén a coguionista Lucía Ramiro, recente representante de España no Programa de Talento Novo dos Premios LUX que tivo lugar no Parlamento Europeo o pasado mes de setembro.
Posteriormente e durante todo o mes de novembro, o filme viaxará polos concellos galegos de Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Ferrol, Cee, Ames e Pontevedra. As máis das proxeccións contarán coa presenza do director e doutras figuras: o produtor Álvaro Liste, a directora de arte Antía Carreira ou a poeta Arancha Nogueira son algúns dos nomes que acompañarán ao autor en coloquios e conversas. A información detallada sobre o calendario de proxeccións está dispoñible nas redes sociais do proxecto.
Ademais en vigoalminuto
- Una persona muerta y otra herida, en Benetússer, durante los trabajos de limpieza de la DANA
- As costas galegas rexistraron o ano pasado 689 varamentos de animais, a maioría cetáceos
- El Campus del Mar estará acabado a mediados de 2026 en los terrenos de la ETEA
- Hasta 1 ano de espera para consulta en Unidades de Saúde Mental do SERGAS de Santiago e Vigo
- A delincuencia descendeu en Vigo, moi discretamente, durante 2024
- Muere quemado en el interior de un coche, en Redondela
Xela Arias
A película, producida por Serea Films, reflexiona empregando como vehículo a figura de Xela Arias, tía do director, que faleceu cando este tiña só cinco anos, sobre como as persoas que nos inspiran e que admiramos contribúen á construción do noso xeito de ser. Da mesma forma, explora como o feito de reconstruír nós mesmas esas figuras é un proceso que nos achega a elas afastándoas da súa condición de figura pública e achegándonos á súa faceta máis persoal. No filme, testemuños de familiares e amigas comparten espazo cun traballo interpretativo das actrices Lidia Veiga, Sheyla Fariña e Melania Cruz que acompaña ás espectadoras por un relato sobre a ausencia e a memoria.
Ademais de ser a primeira longametraxe do seu director, tamén supón a estrea dunha equipa que, no momento da rodaxe, estaba recentemente graduada, case na súa maioría, en Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela e que, malia a súa curta traxectoria, demostrou unha grande profesionalidade que lle valeu á película o Premio Mestre Mateo ao Mellor Documental na XXII edición dos galardóns o pasado 23 de marzo.