A Dirección Xeral de Tráfico ten activada dende este luns unha campaña de vixilancia de lunes e rodas, en todas as estradas de Galicia. A mesma, activa ata o xoves, incidirá no correcto mantemento do vehículo: en estes días, paneis de sinalización advertirán os condutores de controis específicos.
Segundo varios estudos, a posibilidade de morrer o resultar con feridas graves duplícase nos coches de 10 a 15 anos de antigüidade fronte aos que teñen 5 anos ou menos. Porén o mantemento axeitado do vehículo é clave, considerando que en Galicia temos os coches con maior quilometraxe medio recorrido de todo o Estado, con 185.000 quilómetros.
Rodas
Neste sentido, se falamos de rodas, que deben asegurar a adherencia no empuxe, na freada e no esvaramento lateral, é recomendable que a profundidade das fendas teña como mínimo 3 milímetros (o límite legal é de 1,6 milímetros). Así, dacordo cos datos da Garda Civil, un 5 % dos vehículos circulan con defectos graves nas rodas.
En relación cos pneumáticos, Tráfico aconsella comprobar regularmente a súa presión en frío e a da roda de reposto, así como revisar posibles fugas e garantir que todas levan o tapón.
Tamén en vigoalminuto
- Vigo reconoce la labor desinterada y generosa de sus voluntarias y voluntarios
- Chubascos hasta el viernes
- Profesionais esixen do Concello medidas para acabar con colapso do Servizo Municipal de Benestar
- La 3ª ‘Gastro Movida’, la próxima semana en Vigo
- Paros en Vitrasa desde hoy
- ‘Vigo Porté’ y ‘PortAmérica’ redoblan la apuesta por el talento
Luces
En canto ás luces, para que a condución se realice en condicións de seguridade, aconséllase prestar atención a súa utilización, mantemento e regulación dos faros. Así, contaremos cunha luz acaída para circular e evitaremos cegar a outros condutores.
Así mesmo, é obrigatorio utilizar a iluminación que regulamentariamente se estableza cando existan condicións meteorolóxicas ou ambientais que diminúan sensiblemente a visibilidade, como en caso de néboa, choiva intensa, nevada, nubes de fume ou de po.
Especialmente nesta estación do ano, con menos horas de luz -ollo que a noite do sábado ao domingo é o cambio de hora- a DXT recomenda que os vehículos leven as luces acesas, mesmo de día. Está demostrado que circular de día levando as luces curtas acesas reduce o risco de accidente, aumenta a visibilidade e, ademais,advirte aos peóns.