Este martes presentouse no Porriño o obradoiro “O Noso Encontro co Emprego”, un innovador programa de formación e emprego dirixido a mozos menores de 30 anos. O evento, que tivo lugar nas instalacións de Porremprego, contou coa participación do alcalde, Alejandro Lorenzo e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, que estiveron acompañados pola directora do Obradoiro, Begoña Echegaray.
480.000 euros
Este novo programa, que require un investimento total de máis de 480.000€, financiarase principalmente a través da Consellería de Emprego, con 439.000€, aos que se suma unha achega municipal de 45.000€. Durante o mesmo, 16 alumnos-traballadores beneficiaranse desta formación, divididos en dúas especialidades: albalenería urbanización e carpintería, con oito participantes en cada unha.
Traballos no Paseo do Louro e no Polígono da Granxa
Os alumnos de carpintería poñerán en práctica os seus coñecementos reparando tres pasarelas no Paseo do Louro, mellorando así a accesibilidade na senda peonil que bordea o río. En canto aos futuros albaneis, encargaranse dos labores de urbanización e pintura na rúa Paralela 3 do Polígono Industrial da Granxa, onde se executarán novas beirarrúas.
Ademais en vigoalminuto
- Así luce ‘O Barco do Nadal’ de Vigo
- Cientos de vehículos en oferta en Caroulet Vigo
- A prisión tres de los cuatro detenidos por 12 atracos a punta de pistola en casas, estancos y farmacias de la provincia
- Tienes todos estos planes para el fin de semana
- Vigo se queda sin 1,5 millones de fondos europeos solicitados para el Pazo de Castrelos
- Diana Nogueira participa, como una voluntaria más en la Gran Recogida del Banco de Alimentos
12 meses de duración
O programa “O Noso Encontro co Emprego” terá unha duración de doce meses e “representa unha valiosa oportunidade para que os mozos se formen e adquiran experiencia en profesións altamente demandadas no mercado laboral, aumentando así as súas posibilidades de inserción laboral”, tal e como trasmitiu o alcalde Alejandro Lorenzo, quen instou aos novos traballadores a “aproveitar ao máximo esta experiencia”, subliñando a importancia do servizo público que brindarán a todo o pobo.
Pola súa banda, a delegada Ana Ortiz, incidiu en que están “ante unha ocasión magnífica para abrir unha ventá ao mercado de traballo, xa que tanto a sociedade como as empresas necesitan xente formada, aí é onde tedes a vosa oportunidade”.
O acto de presentación celebrouse dun xeito especial, xa que os alumnos doutro obradoiro de emprego do Porriño, centrado na especialidade de cociña, ofreceron o almorzo, dando a benvida aos novos compañeiros.