O Bloque Nacionalista Galego vén de propor que se abra o debate a respeito da aplicación na cidade de Vigo dunha taxa turística. Con ese obxectivo, demandan ao Goberno municipal que o Concello elabore en colaboración coa Universidade de Vigo un estudo técnico.
Este martes, o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, defendeu que este debate é “imprescindíbel” diante do aumento moi agudo do turismo que recibe a nosa cidade. Neste sentido sinalou que, en datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), Vigo recibiu o ano pasado 3,28 turistas por cada habitante – o que representa máis de 984.000 visitantes- “superando en termos totais o turismo recibido por Santiago de Compostela”.
Aliás, rexistrouse un aumento dun 72,47% das pernoctacións hoteleiras nos últimos 10 anos, pasando de menos de 575.000 no 2013, a preto de 1 millón o pasado ano.
Que o turismo contribúa ao gastos da cidade
Igrexas explicou que para o BNG a taxa turística “debe ter por obxectivo que o turismo contribúa tamén ao sostemento dos gastos que supón para a cidade e que arestora asumen as viguesas e os vigueses e que permita paliar os impactos negativos que a actividade turística ten para Vigo”.
Así, o voceiro nacionalista engade que “cremos que pode representar unha medida que poña couto ao brutal avance do fenómeno ultraespeculativo dos pisos turísticos“.
Outras novas en vigoalminuto
- En Vigo podrás ser ecologista toda la eternidad
- Abre en Vialia ‘360 Clinics’, centro especializado en medicina estética y depilación láser
- Renfe lanza “superprecios” para venir a Vigo a ver las luces de Navidad
- El Concello sigue sin garantizar el número mínimo de bomberos en la ciudad
- Redondela acende este xoves as luces de Nadal
- Un muerto y dos heridos en un accidente en la carretera N-525, en Coles
Turismo sustentábel
Esta é a motivación que leva ás nacionalistas a demandar do Goberno municipal que o Concello elabore, en colaboración coa Universidade, un estudo como xa o realizado por outras cidades que permita determinar a necesidade e características que debería ter esta taxa atendendo ao tipo de turismo que se recibe na cidade, cunha forte presenza, por exemplo, de cruceristas.
“Entendemos que a taxa turística é unha medida útil no camiño de impulsarmos un modelo de turismo sustentábel e non masificado, que xere retornos e achegue valor engadido, desenvolvendo as enormes potencialidades da cidade no ámbito do turismo MICE (congresos y exposiciones), cultural, ecolóxico e deportivo”, argumenta o portavoz municipal nacionalista.
Unha proposta que defenden, apuntou, “desde o compromiso de avanzarmos cara a un Vigo máis habitábel e medio ambientalmente sustentábel que non fique reducido a un parque temático para o excursionismo de masas”.