O destino Rías Baixas e a provincia de Pontevedra continúan a bater récords turísticos, tal e como acaban de sacar á luz os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) que constitúen a base da información que emprega a Deputación para os seus informes de turismo.
Neste eido, a institución provincial confirma que o destino Rías Baixas medrou un 16% en setembro do 2024 con respecto ao mesmo mes do ano pasado, converténdose en líder do ránking de destinos turísticos de Galicia elixidos polos viaxeiros, diante de lugares como a Costa da Morte ou as Rías Altas.
Máis de 222.000 visitantes en setembroi
Así, o mes pasado a provincia rexistrou un total de 222.228 visitantes que supoñen o 35% dos que se achegan a Galicia. A porcentaxe maioritaria, o 59%, son españois fronte ao 41% de estranxeiros. Neste eido, o organismo provincia detectou que turismo estranxeiro medrou case o 30% con respecto ao mesmo mes do ano pasado e que a maior parte de visitantes internacionais proveñen de Alemaña, Estados Unidos e Portugal.
Pola súa banda, segundo os datos do INE, a ocupación hoteleira media na provincia en setembro adiantou nun 3% ao mesmo mes do 2023 e a estadía media foi de 2,1 días.
Outras novas en vigoalminuto
- En Vigo podrás ser ecologista toda la eternidad
- Abre en Vialia ‘360 Clinics’, centro especializado en medicina estética y depilación láser
- Renfe lanza “superprecios” para venir a Vigo a ver las luces de Navidad
- El Concello sigue sin garantizar el número mínimo de bomberos en la ciudad
- Redondela acende este xoves as luces de Nadal
- Un muerto y dos heridos en un accidente en la carretera N-525, en Coles
Avance de outubro
Aínda que os datos do Instituto Nacional de Estatística do mes de outubro non estarán dispoñibles ata
finais de novembro, pódese adiantar que o rexistro de visitantes que se achegaron ata a oficina de turismo do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, e aos castelos de Sobroso e Soutomaior.
Polo miúdo, a oficina do Palacete das Mendoza rexistrou, ata a data, preto de 1.000 visitantes, maioritariamente españoles (60%) procedentes de Madrid, Barcelona e Valencia. No caso dos estranxeiros (40%), achegáronse desde Alemaña, Francia e Estados Unidos, detectándose un incremento entre o grupo de visitantes procedentes de Canadá.
Nos castelos de Soutomaior e Sobroso foron visitados por 1.338 persoas e percorreron os Camiños de Santiago que atravesan a provincia un total de 16.615 peregrinos, principalmente polo Camiño Portugués.